InicioSociedadeBanco de Alimentos de Vigo reparte máis de 700.000 quilos de comida...

Banco de Alimentos de Vigo reparte máis de 700.000 quilos de comida nos primeiro semestre, un 6,6% menos que hai un ano

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo entregou máis de 705.000 quilos de comida durante o primeiro semestre deste ano, o que supón unha cifra algo inferior (-6,6%) ao mesmo período de 2023, cando repartiu 755.544 quilos.

Tal como informou a asociación, este dato supón unha “cantidade relevante”, tendo en conta que xa desapareceu por completo o Fondo de Axuda Europea ás Persoas máis Desfavorecidas e que, no exercicio previo, supuxo preto de 500.000 quilos de produtos achegados.

Así, durante este primeiro semestre, a Fundación desenvolveu tres Operacións Quilo a pé de supermercado, recadando máis de 141.000 quilos de produtos básicos, o que supón unha “baixada continuada” das doazóns pola carestía dos alimentos.

“A pesar de que a sociedade sempre responde á chamada do Banco de Alimentos, o que comeza a ser unha tendencia é que se doa, si, pero faise na medida que as persoas poden facelo”, indicaron nun comunicado. Durante os seis primeiros meses deste ano, Banco de Alimentos comezou a repartir máis de 65.000 quilos de fletén conxelado procedente dun comiso do servizo de Agricultura e Pesca da Subdelegación do Goberno.

“Parte deste peixe de alto nivel nutricional enviámolo a Bancos de Alimentos de Cataluña e de Asturias, así como aos nosos compañeiros de Ponferrada, Ourense e A Coruña”, engadiron.

ÚLTIMAS

Matamá lembra a vítima do accidente do Saltamontes no inicio das festas patronais

A parroquia viguesa de Matamá lembrará este domingo ao mozo falecido no accidente do...

Gondomar blindará o SAF: medidas inmediatas ante calquera denuncia de acoso

A suspensión do servizo será avaliada pola traballadora social municipal e coordinadora da empresa...

Detida unha parella en Vigo tras unha pelexa na rúa con acusacións mutuas de agresión

A Policía Local de Vigo detivo na noite deste pasado xoves a unha parella...

A forense decide que o detido polo crime do Porriño non está en condicións de declarar e seguirá hospitalizado

A forense determinou este xoves que o detido polo crime do Porriño non está...