InicioSociedadeUnha empresa de acompañamento trasladará ao septuaxenario desaparecido en Vigo que foi...

Unha empresa de acompañamento trasladará ao septuaxenario desaparecido en Vigo que foi localizado en Portugal

Desaparecera o pasado luns e foi localizado este venres.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha empresa de acompañamento será a encargada de trasladar á residencia de maiores da que é usuario o septuaxenario que desapareceu en Vigo o luns e que foi localizado este venres na cidade portuguesa de Braga, onde foi evacuado a un hospital. Fontes da Consellería de Política Social confirmaron que o home se atopa ben, polo que se contratou a unha empresa de acompañamento coa que a administración autonómica adoita traballar para ir buscalo e levalo á residencia.

O home de 76 anos de idade, Ovidio Rodríguez, usuario dunha residencia de maiores de Vigo, desapareceu o pasado luns. A súa familia dera a voz de alarma despois de que o home, en situación “vulnerable”, recollese a súa pequena asignación mensual na residencia e se marchase sen documentación.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...