InicioSociedadeA Audiencia avala que sexa o xulgado de Violencia sobre a Muller...

A Audiencia avala que sexa o xulgado de Violencia sobre a Muller o que investigue o crime da maleta

O xulgado de instrución número 4 de Vigo inhibiuse en favor do xulgado especializado, ao entender que podería tratarse dun caso de violencia de xénero, xa que a vítima mantería unha relación sentimental co sospeitoso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou o recurso interposto por ‘O Chioleiro’ contra a decisión do xulgado de instrución 4 de inhibirse para que sexa o Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo o que investigue o coñecido como crime da maleta.

O pasado 22 de febreiro, foi localizada unha maleta nunha leira na zona de Fragoso da cidade olívica, en cuxo interior se atopaba o cadáver dunha muller. Días máis tarde, foi detido en relación con este crime José Manuel D.X., coñecido como ‘O Chioleiro’ e con antecedentes por outros dous asasinatos. O xulgado de instrución número 4 de Vigo inhibiuse en favor do xulgado especializado, ao entender que podería tratarse dun caso de violencia de xénero, xa que a vítima mantería unha relación sentimental co sospeitoso.

Agora a Audiencia avalou esa decisión e subliña que o instrutor “razoa de forma concreta e detallada cales son as causas da decisión acordada, expondo de forma precisa os indicios que sustentan que a relación entre o procesado e a vítima tiña o compoñente esixido da afectividade“. Con todo, o tribunal provincial destaca tamén que o xuíz de instrución xa advertía de que, se houbese dúbidas sobre esa relación de parella, é preferible que sexan resoltas polo Xulgado de Violencia sobre a Muller, que pode valorar a aplicación da agravante de parentesco.

Igualmente, avisaba de que, se tras a valoración da proba se determinase que non había relación de parella, iso “nunca podería fornecer efecto negativo algún para o investigado, pois baixo tal premisa xa non se aplicaría a circunstancia mixta con efectos agravatorios do artigo 23 do Código Penal, que en hipótese abstracta expón o Ministerio Fiscal como sustento para instar a inhibición”. Os maxistrados entenden que, por tanto, o procedente é a inhibición acordada, pois destacan que existen indicios que poderían sustentar a existencia desa relación de afectividade, algo que, neste momento procesual, non se pode descartar. O auto é firme, pois contra el non cabe presentar recurso.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...