InicioSociedadeDous acusados de violar a unha moza e gravalo nun piso enfróntanse...

Dous acusados de violar a unha moza e gravalo nun piso enfróntanse a 15 anos de prisión

A Policía confirmou que existía un arquivo de vídeo, no que se recolle a agresión sexual

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os dous mozos de orixe dominicano que foron detidos (xunto a un terceiro) en setembro de 2022 por unha suposta violación grupal a unha moza nun piso de Vigo enfróntanse a 15 anos de prisión pola devandita agresión, e para un deles a Fiscalía pide 3 anos máis de cárcere por gravar co seu móbil o ocorrido.

Segundo o escrito de conclusións provisionais da Fiscalía, os feitos ocorreron na madrugada do 4 de setembro de 2022, cando a vítima coñeceu aos acusados nun local de lecer nocturno da cidade olívica. Tras estar xuntos, e tamén con outros amigos, decidiron continuar a festa nun piso da cidade, onde vivía un amigo dos acusados.

Ata alí trasladáronse os dous procesados, a vítima e outras persoas pero, despois dun tempo, varias persoas do grupo fóronse e quedaron sós no piso os acusados e a moza. A moza accedera a manter relacións sexuais cun dos mozos e, cando estaban na habitación, entrou o segundo dos acusados.

Este propúxolle á moza manter sexo tamén con el, pero ela negouse. A pesar da negativa, o mozo agarrouna polo pelo e obrigouna a facerlle unha felación, mentres o outro mozo penetrábaa. Posteriormente, o acusado que a obrigou a ter sexo oral tamén a penetrou e gravou o que facían co seu teléfono móbil. Todo iso, a pesar de que a moza lles pediu varias veces que parasen.

Por estes feitos, a moza sufriu un dano psíquico e necesitou recibir terapia. Como secuela, padece unha situación de malestar emocional, con sintomatoloxía ansiosa, compatible cunha tensión postraumática leve. Ademais, a Policía confirmou que, no móbil dun dos acusados, existía un arquivo de vídeo de 14 segundos, no que se recolle a agresión sexual.

DELITOS E PENAS

A Fiscalía acusa a un dos procesados dun delito contra a liberdade sexual (agresión sexual) e pide que sexa condenado a 15 anos de prisión; por outra banda, atribúe ao outro acusado outro delito de agresión sexual e pide a mesma pena, ademais dun delito de descubrimento e revelación de segredos, polo que pide 3 anos máis de cárcere.

Igualmente, reclama que se lles impoña a medida de afastamento e prohibición de comunicarse coa vítima durante 25 anos; que se lles inhabilite para realizar actividades ou exercer oficios que leven trato con menores durante 25 anos; e a medida de liberdade vixiada durante 5 anos tras saír de prisión. Tamén reclama que indemnicen conxuntamente á vítima en 15.000 euros polos danos morais e psicolóxicos.

Xunto a estes dous acusados, no seu momento detívose a terceiro novo por estes feitos, que estivo tamén no piso, pero a Fiscalía non exerce acusación ao non considerar acreditado que participase nas agresións sexuais. Os investigados estiveron dous meses en prisión provisional tras ser detidos e, ao quedar en liberdade condicional, impúxoselles a medida cautelar de afastamento da prexudicada.

ÚLTIMAS

Entra en prisión provisional o detido pola agresión sexual a un menor nos baños do Vialia

A xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Vigo, en funcións de garda,...

Evacúan en helicóptero unha muller que visitaba as Illas Cíes tras sufrir un grave problema de saúde

Unha muller de 56 anos e nacionalidade portuguesa foi evacuada este sábado en helicóptero das Illas Cíes,...

A conselleira do Mar destaca o papel do Cetmar na innovación mariña e a sustentabilidade do sector pesqueiro

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou esta semana na reunión do Padroado do Centro Tecnolóxico...

O Hospital Álvaro Cunqueiro celebra dez anos como “referente” da sanidade pública galega, segundo Rueda

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo conmemorou este venres o décimo aniversario da súa posta en funcionamento cun...