InicioSociedadeO PP de Vigo esixe a Caballero que garanta a seguridade en...

O PP de Vigo esixe a Caballero que garanta a seguridade en San Xoán ante a previsión de falta de bombeiros

Debido ao déficit de persoal, o parque de Coruxo estivo pechado varios días esta semana e a súa apertura durante a noite de San Xoán "pende dun fío".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu este venres ao alcalde, Abel Caballero, que garanta a seguridade na cidade durante a noite de San Xoán, ante a previsión de que os efectivos de bombeiros estean, unha vez máis, por baixo do mínimo estipulado, e haxa que pechar o parque de Coruxo (como ocorreu nos últimos días). Nun comunicado remitido aos medios, o portavoz ‘popular’, Miguel Martín, lamentou que “a pouco máis de 48 horas para que se celebre a noite de San Xoán, a noite das fogueiras, Vigo non sabe se vai contar co mínimo de efectivos de bombeiros que esixe a propia normativa municipal”, que son 20.

Precisamente, lembrou, debido ao déficit de persoal, o parque de Coruxo estivo pechado varios días esta semana e a súa apertura durante a noite de San Xoán “pende dun fío”. Un novo peche, advertiu, “condicionará seriamente o tempo de reacción ante un eventual problema” que poida xurdir lonxe do parque municipal de Teis, coincidindo coa aglomeración de xente na contorna das fogueiras. Ademais, este ano algúns barrios estenderon as celebracións a toda a fin de semana, e reclamou que a cidade “conte co despregamento necesario” para garantir a seguridade en todo o termo municipal.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...