InicioSociedadePrisión sen fianza para catro detidos na operación contra o "menudeo" de...

Prisión sen fianza para catro detidos na operación contra o “menudeo” de drogas en Vigo

A intervención policial en Vigo e Salceda de Caselas conclúe con cinco arrestos, importantes incautacións de drogas e armas, e a desarticulación de tres puntos de venda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

xulgado de instrución número 1 de Vigo decretou ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, para catro dos cinco detidos esta semana nun operativo policial contra o ‘menudeo’ de drogas na comarca viguesa. Segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), todos eles están investigados por un suposto delito de tráfico de drogas e, a maiores, dúas deles tamén o están por un delito de tenencia ilícita de armas.

As detencións producíronse o pasado mércores no marco dunha operación levada a cabo por axentes da Udyco da Comisaría de Vigo, que concluíu con ese cinco arrestos e coa desarticulación de tres ‘puntos negros’ de venda de droga na cidade olívica (dúas na zona de Lavadores e un en Saiáns). A investigación comezou hai medio ano, cando a Policía tivo coñecemento da existencia dun punto de venda de estupefacientes en Saiáns. Os axentes puideron comprobar que unha parella se dedicaba a distribuír drogas en pequenas cantidades desde o seu domicilio. As investigacións permitiron pescudar que esta parella se fornecía, á súa vez, doutro tres provedores independentes entre si, dous dos cales tamén traficaban desde os seus respectivos domicilios en Lavadores.

Policía procedeu á detención do cinco sospeitosos e ao rexistro das súas vivendas, situadas en Saiáns, Lavadores e no municipio de Salceda de Caselas. No operativo foi necesaria a intervención de axentes do GOES da Coruña e Bilbao, UIP e guías caninos da Coruña e a UPR de Vigo. Nos rexistros se intevinieron diversas cantidades de haxix, marihuana, cocaína, heroína, MDMA, 2CB ou cocaína rosa e ketamina, ademais de útiles para preparar as sustancias estupefacientes, tres vehículos, un arma de fogo, unha pistola táser, unha navalla, unha carabina de aire comprimido, e 30.000 euros en efectivo.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...