InicioSociedadeAcepta dous anos de prisión tras recoñecer unha agresión sexual a unha...

Acepta dous anos de prisión tras recoñecer unha agresión sexual a unha coñecida en Mos

Sobre as 4.00 horas da madrugada, e a pesar da negativa dela, o acusado introduciulle os dedos na vaxina e, aínda que a muller espertouse e pediulle que parase, el insistiu mentres pedía: "Tía, déixate que me apetece".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home acusado dun delito de agresión sexual cara a unha coñecida en Mos recoñeceu os feitos e aceptou dous anos de cárcere, unha pena cuxa execución queda suspendida, nunha vista de conformidade celebrada este martes pola sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Os feitos ocorreron o 6 de agosto de 2022, cando o procesado acordou coa vítima cear xuntos na súa casa de Mos e logo saír de festa cuns amigos. Ao regresar ao domicilio, o home propuxo á muller manter relacións sexuais, pero ela negouse, e ambos botáronse a durmir na mesma cama.

Sobre as 4.00 horas da madrugada, e a pesar da negativa dela, o acusado introduciulle os dedos na vaxina e, aínda que a muller espertouse e pediulle que parase, el insistiu mentres pedía: “Tía, déixate que me apetece”. Na vista de conformidade, o acusado recoñeceu o delito de agresión sexual e, dado que xa pagou a responsibilidade civil (6.000 euros de indemnización á vítima), a Fiscalía aceptou rebaixar a petición de pena.

Finalmente, o home aceptou unha condena de 2 anos de cárcere, que queda suspendida polo mesmo tempo a condición de que non delinca neste período e que asista a un curso de reeducación sexual. Igualmente, prohíbeselle achegarse ou comunicarse coa prexudicada por un período de 3 anos, e establécese a medida de liberdade vixiada por 5 anos.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...