InicioSociedadeVigo sen Bombeiros sae á rúa con pancartas e bengalas para reclamar...

Vigo sen Bombeiros sae á rúa con pancartas e bengalas para reclamar máis efectivos tras a morte do seu compañeiro Sergio S.D.

Ante o Concello, ao termo da marcha, leron un manifesto para reclamar ao goberno local "que redimensione este servizo de bombeiros segundo as necesidades reais da cidade e as das súas propios bombeiros".

PUBLICADO O

- Advertisement -

plataforma Vigo sen Bombeiros saíu á rúa na tarde deste sábado nunha multitudinaria marcha para reclamar, unha vez máis, máis efectivos, ante a “grave e perigosa situación” deste servizo municipal, evidenciada na recente morte dun compañeiro. A protesta comezou cunha concentración na Praza de España, cos bombeiros uniformados cos seus traxes de intervención en formación, e continuou cunha marcha ata a Praza do Rey, encabezados por un camión de bombeiros, portando bengalas e pancartas nas que, entre outras lemas, había mensaxes de recordo para o seu compañeiro falecido.

Ante o Concello, ao termo da marcha, leron un manifesto para reclamar ao goberno local “que redimensione este servizo de bombeiros segundo as necesidades reais da cidade e as das súas propios bombeiros”. Denuncian, así, que o persoal deste servizo non é “suficiente para garantir a seguridade da cidadanía” e que desenvolven o seu labor “en precario”, con perxuízo tamén para os propios profesionais.

Vigo sen Bombeiros volveu a denunciar a falta de medios e persoal neste servizo, e lamentou que xa se pagou “un prezo moi caro”, tras o falecemento do bombeiro Sergio S.D. hai xusto unha semana, durante un operativo de inspección dun inmoble. “Tentámolo por todos os medios, tratando de falalo cos nosos xefes directos, presentando todo tipo de informes no Concello por medio de rexistro, denuncias a Inspección de Traballo, accións de protesta na rúa (…) pero non serviu”, sinalou o colectivo, en alusión á situación do servizo.

ÚLTIMAS

As patronais do metal plantan a negociación en Pontevedra ante unha protesta sindical en Vigo

As patronais do sector do metal (Asime, Atra e Instalectra) decidiron non acudir á...

Un cargueiro á deriva fronte a Portugal é remolcado a Vigo tras quedar sen temón

O cargueiro Xeral Eikborg, de bandeira neerlandesa, está a ser remolcado este venres ata...

O Porto de Vigo retira os terreos do antigo Vulcano a Estaleiros San Enrique tras caducar a súa concesión

O consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo resolveu por unanimidade o expediente...

Mos ameaza con ir aos tribunais polo abandono da A-55 e da N-550

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres a formulación dun requirimento...