InicioSociedadeUn millón de euros para converter as antigas vivendas de mestres de...

Un millón de euros para converter as antigas vivendas de mestres de Fornelos nun centro residencial

Esta achega da Xunta forma parte do plan autonómico de investimentos, dotado con 18,5 millóns de euros e financiado con fondos da UE.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia achegará máis dun millón de euros ao Concello de Fornelos de Montes para custear as obras de rehabilitación das vivendas de mestres do antigo colexio, que se converterán nun centro residencial para maiores, con capacidade para aloxar entre 12 e 16 persoas. Esta achega da Xunta forma parte do plan autonómico de investimentos, dotado con 18,5 millóns de euros e financiado con fondos da UE, para fortalecer a rede de centros de atención a persoas maiores que dependen das entidades locais.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, visitou este venres as instalacións onde levará a cabo a actuación, xunto co alcalde, Emiliano Lage. A construción e a futura xestión do centro correrán a cargo da administración municipal. Segundo recalcou o xerente do Consorcio, o plan permitirá mellorar as instalacións, pero tamén implicará a creación de 500 novas prazas públicas de residencias e outras 150 de atención diúrna.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...