InicioSociedadeAbel Caballero confirma que a reforma da Avenida de Madrid comezará o...

Abel Caballero confirma que a reforma da Avenida de Madrid comezará o ano que vén, tras o Nadal

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deron este venres a súa conformidade ao proxecto para reformar a Avenida de Madrid, unha das principais vías de acceso á cidade desde a meseta e Portugal, e en cuxas obras, que comezarán a principios do ano que vén, investiranse 16,8 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deron este venres a súa conformidade ao proxecto para reformar a Avenida de Madrid, unha das principais vías de acceso á cidade desde a meseta e Portugal, e en cuxas obras, que comezarán a principios do ano que vén, investiranse 16,8 millóns de euros. Segundo confirmou o alcalde, Abel Caballero, nunhas declaracións gravadas e remitidas aos medios, “o proxecto é acorde co que expón o Concello”, que xa está no proceso preparatorio da licitación. Os traballos serán cofinanciados polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable que, ademais de pagar o proxecto, achegará 11,2 millóns á execución.

Segundo avanzou Abel Caballero, as obras comezarán “inmediatamente despois” do próximo Nadal, e permitirán integrar ese viario “como unha gran avenida da cidade”, con máis permeabilidade peonil, nova estética e con “un modelo de humanización no máis alto nivel”. Por outra banda, o rexedor informou tamén de que a Xunta de Goberno aprobou o modificado do proxecto de construción do novo parque de bombeiros de Esturáns. Cos cambios, que inciden en melloras de mantemento, seguridade e operatividade, o custo da nova instalación elévase a máis de 3 millóns de euros. A obra estará acabada, segundo o alcalde, “en 6 meses”.

BIBLIOTECA DO ESTADO

Finalmente, Caballero tamén detallou que o goberno municipal aprobou provisionalmente o plan de infraestruturas e dotacións para a Biblioteca do Estado, que se construirá nos terreos situados detrás dos antigos xulgados da rúa Lalín. Segundo explicou, agora abrirase un proceso de información pública e, unha vez que o reciba, a Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta ten 3 meses para emitir o preceptivo informe. O alcalde remarcou que o Goberno investirá nesa dotación 22 millóns de euros, a pesar de que a Xunta “se segue opondo e tenta parala”. “Axiña estea o visto e prace pedirei unha entrevista co ministro de Cultura para ultimar o investimento”, concluíu.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...