InicioSociedadeTerremoto de magnitude 1,8 en Vilaboa

Terremoto de magnitude 1,8 en Vilaboa

O movemento sísmico tivo lugar ás 4.22 horas da madrugada deste venres, e o epicentro sitúase a 21 quilómetros de profundidade, entre as zonas da Canicouva e Cacheiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou un terremoto de magnitude 1,8 con epicentro na localidade pontevedresa de Vilaboa, aínda que non se rexistraron danos. O movemento sísmico tivo lugar ás 4.22 horas da madrugada deste venres, e o epicentro sitúase a 21 quilómetros de profundidade, entre as zonas da Canicouva e Cacheiro.

No que vai de ano, Galicia rexistrou varios terremotos de intensidade menor, aínda que algúns si foron percibidos pola poboación, como o movemento sísmico rexistrado o pasado 1 de xaneiro, con magnitude 3,5 e epicentro en Triacastela, ou o rexistrado a mediados de marzo con magnitude 3,7 e epicentro en Sarria.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...