InicioSociedadeSindicato de Inquilinas Vigo urxe vivenda pública e regular prezos ante a...

Sindicato de Inquilinas Vigo urxe vivenda pública e regular prezos ante a “alarmante realidade” dos desafiuzamentos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sindicato de Inquilina Vigo-Baixo Miño urxiu este venres a regulación dos prezos de aluguer e a posta a disposición de vivenda pública para garantir este dereito, ante a “alarmante realidade” dos desafiuzamentos, despois de que un veciño da cidade olívica resultase ferido grave este xoves tras precipitarse desde un cuarto piso cando recibiu a notificación do seu desaloxo.

Este colectivo sinalou que o ocorrido nas últimas horas pon de manifesto “a crúa realidade” á que se enfrontan moitos inquilinos e chamou a “non ignorar o sufrimento” de quen ven ameazado o seu fogar. Segundo advertiu, este suceso é “só a punta do iceberg dunha crise de vivenda que afecta a miles de persoas” en Vigo e en todo o país.

Por iso, e tras lembrar que detrás de cada cifra hai persoas e historias de vida, subliñou que “é urxente actuar” e urxiu medidas para regular o prezo do aluguer e para pór en marcha parques de vivendas públicas a prezo alcanzable.

Enfrontámonos a unha realidade alarmante: un desafiuzamento diario e cada día catro caseiros demandan para botar aos seus inquilios por non pagar o aluguer“, advertiu o Sindicato, que esixiu “pór fin ao rentismo desenfreado, á especulación inmobiliaria “que converte os fogares en simples activos financeiros”.

ÚLTIMAS

CIG pide un plan para o naval vigués tras as “noticias negativas” sobre San Enrique e Cardama

O sindicato CIG solicita unha reunión coa conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, para...

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...