InicioSociedadeGañan máis de 1,3 millóns euros na Primitiva estando de vacacións e...

Gañan máis de 1,3 millóns euros na Primitiva estando de vacacións e cun boleto pendente de pago

PUBLICADO O

- Advertisement -

O restaurante vigués Casa Puentes en Vigo reparte un premio especial da Lotería Primitiva con 1,3 millóns de euros a un cliente habitual. A particularidade do caso non é só polo montante do premio se non a honestidade do establecemento de xogar, fiar e gardar o boleto a un dos seus clientes habituais que estaba de vacacións nese momento e que finalmente resultou agraciado.

Os agraciado atopábanse de viaxe por Italia e pediu ao dono do establecemento que fixera tres apostas na lotaría primitiva a compartir con outro amigo. Ese boleto polo tanto quedou pendente de pagamento ata a volta das vacacións.

Cando avisaron ao este restaurante que fora un dos distribuidores do premio de 1,3 millóns de euros, o empresario revisou o boleto que gardaba para este cliente e a sorpresa foi máxima. 1.305.817 euros de premio.

Os agraciados recibiron a noticia estando aínda de viaxe.

O dono do establecemento púxose en contacto cos agraciados para comunicarlles a noticia á cal non daban crédito. O premio recala e queda en Vigo máis a identidade dos mesmos de momento en segredo. O que xa non é un segredo é a honestidade deste empresario vigués coa súa clientela.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...