InicioSociedadeBanco de Alimentos busca 600 voluntarios na provincia de Pontevedra para o...

Banco de Alimentos busca 600 voluntarios na provincia de Pontevedra para o Maio Solidario en supermercados Gadis

PUBLICADO O

- Advertisement -

Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo busca máis de 600 voluntarios na provincia de Pontevedra para poder desenvolver con éxito a súa acción Maio Solidario, organizada en supermercados Gadis de toda a provincia.

A pesar de que a campaña levará a cabo todo o mes de maio, Banco de Alimentos elixiu o primeiro fin de semana, o 3 e o 4, para reforzala coa presenza física da “marea azul”. Por iso, busca voluntarios que acudan aos establecementos. Así, a asociación lembrou que só é necesario dispor de catro horas eses días e anotarse na web ‘www.bancoalimentosvigo.org‘.

Haberá uns 300 voluntari@s mobilizados en Vigo; 75, en Pontevedra; 25, en Baiona; 25, en Mos; 25, en Ponteareas; 25, en Tui; 25, en Marín; 25, en Bueu; 25, en Cambados; 50, en Vilagarcía; e, 25, en Lalín.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...