InicioSociedadeAdxudicadas as obras da nova unidade de Hospitalización a Domicilio do Álvaro...

Adxudicadas as obras da nova unidade de Hospitalización a Domicilio do Álvaro Cunqueiro: canto custarán?

A pandemia obrigou a diferenciar os circuítos Covid-19 e non-covid, e especialmente nos servizos de urxencias. Por iso, foi necesario expandir o servizo de urxencias, ocupando espazos contiguos á unidade HADO do Hospital. En consecuencia, e de forma provisional, esa área tivo que ser situada na zona de Docencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia publicou no Perfil do Contratante a adxudicación das obras da nova unidade de Hospitalización a Domicilio (HADO) do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, por un importe de 581.485 euros. A pandemia obrigou a diferenciar os circuítos Covid-19 e non-covid, e especialmente nos servizos de urxencias. Por iso, foi necesario expandir o servizo de urxencias, ocupando espazos contiguos á unidade HADO do Hospital. En consecuencia, e de forma provisional, esa área tivo que ser situada na zona de Docencia.

Segundo informou o Executivo galego, con estas obras, a unidade disporá dun espazo definitivo e ben dimensionado, deseñado para asumir o crecemento de persoal previsto no plan autonómico de HADO, ademais de estar previsto dotalo cun equipo de profesionais máis, integrado por un facultativo e persoal de enfermaría.

Na actualidade, o servizo conta con 15 efectivos (seis médicos, oito enfermeiros e un administrativo) que dan cobertura domiciliaria á poboación de todos os concellos da área sanitaria de Vigo. HADO presta asistencia a pacientes que, polas súas doenzas ou características, necesitarían un ingreso hospitalario pero prefiren permanecer no seu domicilio onde os profesionais sanitarios ofrecen os mesmo coidados e atencións que nun ingreso hospitalario. Así, o pasado ano, os profesionais desta unidade da área de Vigo atenderon a 866 pacientes nas súas casas.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...