InicioSociedadeA Uvigo "peneira" nas desigualdades para chegar a un horizonte feminista

A Uvigo “peneira” nas desigualdades para chegar a un horizonte feminista

A Uvigo celebra unha serie de actos esta semana e a que vén para analizar a importancia do papel das mulleres na vida e na investigación universitaria, pero tamén noutros ámbitos como o das artes escénicas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Na enquisa «Percepcións sobre a igualdade entre homes e mulleres e estereotipos de xénero» publicada polo CIS, o 96 % das persoas entrevistadas sinala que a igualdade entre homes e mulleres contribúe a facer unha sociedade máis xusta. Unha ampla maioría da poboación, un 70,6 %, considera que as desigualdades son menores que hai dez anos, e mulleres e homes coinciden en que a desigualdade segue a ser un problema real. Este e outros estudos confirman que a sociedade ve un obxectivo necesario traballar en comunidade pola igualdade de xénero, polo que segue a ser necesario manter unha data de denuncia e de reivindicación como é o 8 de marzo.  

Na Universidade de Vigo, o lema proposto para este ano 2024 é Peneirando as desigualdades, cara a un horizonte feminista, unha frase que busca conectar valores transformadores como o feminismo e o ecoloxismo. Desde hai décadas o ecofeminismo destaca os vínculos entre a subordinación das mulleres e a sobreexplotación e a degradación da natureza, e como ambas empeoran as condicións da vida en todo o planeta. “Así, a desigualdade de xénero e as violencias machistas, as catástrofes ecocidas ou mesmo os xenocidios contemporáneos responden a este pensamento zombi”, indican desde a UVigo. “Por iso é cada vez máis urxente colocar a sustentabilidade da vida no centro de todo: da política, da ciencia, da nosa forma de situarnos no mundo e de como nos relacionamos con nós, entre nós e co mundo”, engade.

A idea é seguir o ronsel dos movementos de activismo e dos coidados encabezados por mulleres, desde as mariscadoras galegas que limpan a nosa costa ata as feministas defensoras do territorio do sur global, para “facer un chamamento á paixón e ao entusiasmo creativo feministas para acabar coa contaminación sexista”. “Para que nesta nova etapa de IA xenerativa teñamos a capacidade de imaxinar mundos igualitarios que se alimenten do conxunto de soños, esperanzas e propostas feministas, invocamos unha ampla e diversa xenealoxía con referentes como Christine de Pizán, Alice Guy ou Ursula K Le Guin”, engade.

MULLERES NAS ARTES ESCÉNICAS

De feito, o programa de eventos para conmemorar o Día Internacional da Muller no campus de Vigo arrancou o mércores cunha xornada sobre as mulleres nas artes escénicas baixo o título As mulleres á escena: reflexións e experiencias desde unha perspectiva feminista. Reuniu ás actrices galegas Patricia de Lorenzo e Arantza Villar. Nunha conversa sobre as súas experiencias e reflexións arredor da posición das mulleres no teatro, desde unha perspectiva feminista, fixeron fincapé na importancia “da prevención e da educación” como elementos “fundamentais” porque rachar “esa estrutura patriarcal que temos”.

En nome das premiadas, Soledad Torres lembrou o nacemento de Elas Fan CienTec, nun encontro informal ao que acudiron profesoras de diferentes centros convidadas por Anabel González Penín, directora naquel intre da Unidade de Igualdade, que foi quen lles pediu “facer algo” ante a situación de determinadas titulacións do ámbito científico e tecnolóxico con baixa matrícula feminina. A maiores, Torres apuntou a necesidade de que “a visión de xénero se transversalice” a todas as actividades que dende a universidade se levan a cabo e, de cara a vindeiras edicións, fixo un chamamento á incorporación dos nenos e mozos aos obradoiros “porque o que realmente temos que desmontar é a segregación horizontal, na que todos os mozos van estudar unha cousa e todas as mozas outra”.

Os actos do 8M continuaron este venres coa celebración dunha xornada en liña sobre I+D+i con perspectiva de xénero, que impartirá a investigadora da USC Sara Fernández López sobre transferencia do coñecemento e emprendemento feminino.

MÁIS EVENTOS

Xa a vindeira semana, o día 12 a partir das 11.00 horas, no auditorio do centro de investigación Cintecx terá lugar a presentación da guía Perspectiva de xénero no ámbito tecnolóxico e industrial, que pretende incorporar a mirada da igualdade á investigación no eido tecnolóxico-industrial e dotar o persoal investigador de ferramentas e pautas específicas para mellorar a calidade das súas propostas de investigación.

Dous días despois, o xoves 14, a Facultade de Filoloxía e Tradución acollerá a I Xornada de Igualdade para o alumnado internacional, unha actividade que pretende concienciar o estudantado estranxeiro que está a realizar unha estadía académica na UVigo sobre a prevención da violencia machista e o acoso por razón de sexo ou orientación sexual.

Paralelamente, a Escola de Maxisterio CEU, centro adscrito á Universidade de Vigo, tamén puxo en marcha un programa de actividades co gallo desta data, como unha exposición de carteis sobre mulleres elaborados por alumnado da escola que se poderá visitar dende o día 8 ata o 22 ou un roteiro pola igualdade: Sons de mulleres que terá lugar o día 12 de 10.00 a 13.00 h. Ademais, o alumnado de 3º curso do Grao en Educación Infantil realizará un percorrido polo itinerario sinalizado pola Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo. Finalmente, o centro tamén convocou o V Concurso de fotografía Donas de si, para traballos que recollan escenas da vida cotiá das mulleres, reflectidas desde calquera ámbito da sociedade. O prazo de entrega das imaxes estará aberto ata o 18 de marzo.

Outro centro adscrito da UVigo, a Escola Universitaria de Enfermaría Meixoeiro, tamén se une á conmemoración cun mural de fotografías que se pode visitar dur

ÚLTIMAS

Caballero repite que a cidade está fóra do Mundial por Louzán: “É antiVigo desde que o botamos da Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a arremeter este venres contra Rafael Louzán, presidente...

Atascos na A-55 en ambos os sentidos á altura de Mos ao rexistrarse dous accidentes sen feridos

A A-55 volveu a rexistrar longos atascos na mañá deste venres en ambos os...

Desacordos “estratéxicos” fixeron que Tavares saíse de maneira “amigable” de Stellantis

O exconselleiro delegado de Stellantis, Carlos Tavares, volveu a falar tras a súa saída...

Detida unha muller en Vigo por non pagar un desprazamento en taxi e que tiña pendente unha orde de arresto

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha muller de 45 anos de...