InicioVal MiñorBaionaBaiona prepara a XXVIII Edición da Festa da Arribada o vindeiro 1...

Baiona prepara a XXVIII Edición da Festa da Arribada o vindeiro 1 de marzo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López lembrou as boas cifras, no relativo ao turismo, coas que as Rías baixas pecharon o ano 2023 para mostrar a súa seguridade en que este ano será "aínda mellor".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, asistiu este xoves á presentación dunha nova edición da Festa da Arribada de Baiona, que cumpre a súa edición número 28 a partir do próximo 1 de marzo co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional.

“A nosa provincia de Pontevedra é un destino sustentable, cultural, ligado ao medio natural, respectuoso co medio ambiente e desestacionalizado. E, neste conxunto, a Festa da Arribada de Baiona é un dos nosos máximos expoñentes”, dixo Luís López.

Acompañado polo alcalde de Baiona e deputado provincial, Jesús Vázquez Almuíña; e pola deputada de Turismo, Nava Castro, o presidente provincial reafirmou o compromiso da Deputación no apoio a esta festa, na liña de apostar por “un turismo que dinamice e potencie a actividade económica de vilas como a de Baiona, que teña a cultura e o deporte como aliados estratéxicos, e que sexa consciente do atractivo da riqueza natural de Pontevedra, pero comprometido coa súa protección e conservación”.

Neste sentido, Luís López lembrou as boas cifras, no relativo ao turismo, coas que as Rías baixas pecharon o ano 2023 para mostrar a súa seguridade en que este ano será “aínda mellor”. “Que o turismo nas Rías Baixas está lonxe de tocar teito é unha evidencia”, dixo, antes de puntualizar que o crecemento ten que “ser controlado”.

“Nin queremos, nin podemos permitir morrer de éxito. Temos unha folla de ruta clara, no que concellos como o de Baiona xogan un papel fundamental. O noso ten que ser un destino sustentable, cun sector público e privado camiñando xuntos polo mesmo camiño e cun plan estratéxico como o que impulsa esta Deputación que sitúe as Rías Baixas como un destino competitivo, atractivo, sustentable e adaptado aos novos tempos”, dixo Luís López.

A colaboración da Deputación na organización deste evento compleméntase coa concesión dunha axuda de 8.000 euros para a confección do programa.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...