InicioSometido a información pública o proxecto para habilitar un aparcadoiro disuasorio en...

Sometido a información pública o proxecto para habilitar un aparcadoiro disuasorio en Moaña

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) o sometemento a información pública do proxecto que permitirá habilitar un aparcadoiro disuasorio con 194 prazas nunha parcela situado ao norte da autovía do Morrazo, no Concello de Moaña.

En concreto, trátase do anuncio polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de restitución da situación previa á formación do vertedoiro de terras realizado durante as obras de conversión en autovía do corredor do Morrazo.

O proxecto inclúe a eliminación do vertedoiro e a súa restauración ao estado orixinal, a execución dun estacionamento e a disposición dos ramais de acceso ao mesmo. O orzamento ascende a máis de 3,8 millóns.

No aparcamento disporase unha parada de autobús, que posibilitará a definición dunha rede de autobuses lanzadeira cara a Vigo, así como outras poboacións da contorna.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...