InicioSociedadeComuneiros 'críticos' urxen unha asemblea para revogar á directiva da Comunidade de...

Comuneiros ‘críticos’ urxen unha asemblea para revogar á directiva da Comunidade de Montes da Guarda

Un grupo persoas críticas coa xestión da directiva da Comunidade de Montes da Guarda, remitiron un escrito cunha solicitude urxente para a convocatoria dunha asemblea xeral para renovar a Xunta Reitora da entidade, e iso despois de que se recoñeceu por sentenza xudicial a condición de comuneiros de pleno dereito a case unha trintena de persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo persoas críticas coa xestión da directiva da Comunidade de Montes da Guarda, remitiron un escrito cunha solicitude urxente para a convocatoria dunha asemblea xeral para renovar a Xunta Reitora da entidade, e iso despois de que se recoñeceu por sentenza xudicial a condición de comuneiros de pleno dereito a case unha trintena de persoas.

Así, este grupo crítico, organizado nunha plataforma de afectados cunhas 80 persoas inscritas, informou de que, “despois de case 5 anos de proceso xudicial”, xa hai unha sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra que recoñece a 29 deles como comuneiros. Por iso, urxiron a celebración desa asemblea xeral con dous puntos na orde do día, a revogación da actual directiva e a elección dunha nova. Segundo sinalaron nun comunicado, esta asemblea “debe realizarse nun prazo máximo de 60 días”.

Os ‘críticos’ lembraron que o alcalde da Guarda, Roberto Carrero; e o tenente de alcalde, Óscar Alonso, ambos do PP, “constan no rexistro provincial como comuneiros”, e que o actual secretario da Xunta Reitora, Celso Rodríguez, tamén é membro da Corporación e concelleira do goberno por Espazo Común.

Este grupo trasladou de que os membros da organización, en especial os representantes públicos, fagan cumprir a sentenza da Audiencia Provincial e convoquen a asemblea, na que “por fin” os veciños da Guarda poidan decidir “libremente” quen vai xestionar o seu monte e “normalizar o seu funcionamento”.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...