InicioSociedadeVigo, capital do turismo en Galicia durante o Nadal

Vigo, capital do turismo en Galicia durante o Nadal

Sitúase á cabeza en visitantes galegos, españois e doutros países

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia rexistrou, o pasado mes de decembro, algo máis dun millón de turistas, tanto internos (galegos e españois) como estranxeiros, medidos pola sinalización dos teléfonos móbiles, segundo os datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Así, en canto ao turismo interno, o INE recolle o rexistro de 809.244 turistas, case todos procedentes doutras provincias galegas (501.479), seguidos por visitantes que chegaron desde Madrid (98.131) e de Castela e León (47.951).

Por provincias, a que recibiu máis visitantes internos é a da Coruña, con 182.851 turistas; seguida por Pontevedra, con 268.967 turistas; Lugo con 135.035; e Ourense con 122.391 visitantes. En todas as provincias, a maioría de turistas interiores proceden doutros lugares de Galicia.

Por cidades, as máis visitadas foron Vigo, con 79.385 turistas galegos, a maioría procedentes da provincia da Coruña; e Santiago de Compostela, con 57.196 visitantes, a maioría chegados desde a provincia de Pontevedra.

TURISTAS ESTRANXEIROS

Con respecto aos turistas chegados doutros países, as antenas de telefonía móbil rexistraron en Galicia, durante o mes de decembro, 222.377 visitantes, a gran maioría chegados desde Portugal (121.798), e desde Francia (22.282).

Por provincias, en primeiro lugar sitúase a provincia de Pontevedra, con 127.111 turistas; seguida pola Coruña, con 39.869; Ourense con 44.542 turistas estranxeiros; e Lugo, con 10.855.

No caso das cidades, destaca Vigo, con 64.134 turistas estranxeiros o pasado mes de decembro, dos que a inmensa maioría procedían de Portugal, 46.414, e 3.200 de Francia, ademais doutras procedencias menos relevante cuantitativamente. Santiago recibiu en decembro 8.469 visitas de estranxeiros, a maioría procedentes tamén de Portugal e de Francia.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...