InicioSociedadeCondenada a 11 anos de cárcere a traballadora social que abusou dunha...

Condenada a 11 anos de cárcere a traballadora social que abusou dunha nena que coñeceu nun centro de menores

O tribunal di que, froito do seu traballo, prestoulle maior atención que ao resto dos nenos do fogar de acollida, o que contribuíu a gañar a súa confianza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a 11 anos de cárcere á traballadora social que abusou dunha nena de 13 anos que coñeceu nun centro de menores de Redondela.

Os maxistrados considérana autora dun delito continuado de abuso sexual, impóndolle 11 anos de prisión, así como a inhabilitación especial para o exercicio de calquera profesión ou oficio que implique relación ou contacto con menores de idade por cinco anos máis que a pena privativa de liberdade.

Tamén se lle condenou a liberdade vixiada durante oito anos e a prohibición de aproximarse a menos de 100 metros da vítima ou comunicarse con ela polo tempo de 15 anos. Ademais, terá que abonar unha indemnización á vítima de 8.000 euros. Os feitos ocorreron a partir de marzo de 2019, cando a agora condenada iniciaría unha relación sentimental coa menor.

Na súa sentenza, a Audiencia considera como feitos probados que a procesada, aproveitándose das súas funcións e da ascendencia que tiña sobre a nena, así como a súa propia situación de desamparo, iniciou a partir do mes de marzo de 2019 unha conduta de aproximación máis íntima cara á menor, prestándolle maior atención que ao resto dos nenos do fogar de acollida, o que contribuíu a gañar a súa confianza.

O auto tamén explica que desde é mes ata setembro dese mesmo ano, cando a traballadora social foi expulsada do centro, a condenada tivo unha relación sentimental coa menor, no curso da cal cando estaban soas, “tiveron relacións sexuais plenas”.

Isto ocorrería en varias ocasións en diferentes viaxes realizadas por ambas as dúas a Santiago de Compostela ou a Italia, así como tamén nun domicilio de Arcade. Os feitos procedían do Xulgado de Instrución número 2 de Redondela e, inicialmente, Fiscalía solicitaba 11 anos de cárcere, e 15 anos de afastamento, ademais de 16 anos de inhabilitación. A sentenza non é firme e cabe impor recurso de apelación no prazo de dez días seguintes á súa notificación.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...