InicioSociedadeVigo apagará este domingo as súas luces de Nadal á espera de...

Vigo apagará este domingo as súas luces de Nadal á espera de que “deseguido” chegue o seguinte

Caballero volveu a cargar contra o PP e o BNG de Vigo, tachándoos de "inimigos" e asegurando que presentaron denuncias para "pechar o Nadal de Vigo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrará este domingo o acto de apagado das luces de Nadal da cidade, á espera de que “deseguido” cheguen as próximas festas. Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor informou de que será a partir das 19.15 horas cando dea comezo este evento para despedir o Nadal, que estará cheo de “contido simbólico”.

Segundo el, o obxectivo é lanzar a idea de que “deseguido” chegará o próximo Nadal e outra vez Vigo volverá ocupar “un lugar excepcional” e estará de novo iluminada no mes de novembro. Caballero volveu a cargar contra o PP e o BNG de Vigo, tachándoos de “inimigos” e asegurando que presentaron denuncias para “pechar o Nadal de Vigo”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...