InicioSociedadeVigo apagará as súas luces de Nadal este domingo á espera de...

Vigo apagará as súas luces de Nadal este domingo á espera de que “deseguido” chegue o seguinte

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a cargar contra o PP e o BNG de Vigo, tachándoos de "inimigos" e asegurando que presentaron denuncias para "pechar o Nadal de Vigo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este domingo, día 14 de xaneiro, celebrarase o acto de apagado das luces de Nadal da cidade, á espera de que “deseguido” cheguen as próximas festas. Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor informou de que será a partir das 19.15 horas cando dea comezo este evento para despedir o Nadal, que estará cheo de “contido simbólico”.

Segundo el, o obxectivo é lanzar a idea de que “deseguido” chegará o próximo Nadal e outra vez Vigo volverá ocupar “un lugar excepcional” e estará de novo iluminada no mes de novembro. Caballero volveu a cargar contra o PP e o BNG de Vigo, tachándoos de “inimigos” e asegurando que presentaron denuncias para “pechar o Nadal de Vigo”.

TURISMO DE CONGRESOS EN VIGO

Por outra banda, ademais do turismo que as luces de Nadal achegan á urbe olívica, noutro audio Caballero falou dos visitantes chegados en 2023 á cidade grazas aos 102 eventos celebrados en Vigo. Segundo as súas cifras, foron máis de 68.000 as persoas que participaron nos distintos congresos e feiras que levaron a cabo en Vigo, destacando Conxemar ou Mindtech, entre moitos outros. O alcalde subliñou que a xente que asistiu ten un “elevadísimo” nivel de satisfacción coa cidade e os seus servizos.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...