InicioSociedadeOs bombeiros anuncian que non participarán na Cabalgata de Reis pola "alarmante...

Os bombeiros anuncian que non participarán na Cabalgata de Reis pola “alarmante falta de persoal”

Os sindicatos e o comité de persoal do Concello de Vigo leva anos denunciando a falta de persoal neste servizo, que obrigou en reiteradas ocasións a pechar un dos dous parques de bombeiros da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os bombeiros de Vigo anunciaron que, “lamentablemente” e por primeira vez, non participarán na Cabalgata dos Reis Meigos que percorrerá as rúas da cidade este venres, debido á “alarmante falta de persoal”. Así o confirmaron a través dun vídeo difundido polo colectivo ‘Vigo sen Bombeiros‘ co apoio dos sindicatos CC.OO., CUT, CIG, SICO e UGT.

O servizo de bombeiros pecha habitualmente o desfile de carrozas do 5 de xaneiro, con varios vehículos e efectivos, pero este ano non estarán na Cabalgata e lembraron que xa lles “está sendo imposible cubrir os operativos do día a día”. “Polo que, moi ao noso pesar, tampouco poderemos acompañarvos na festa desta xornada”, sinala un portavoz do servizo no vídeo. ‘Vigo sen Bombeiros’ lamentou que “a xestión do goberno local volve producir unha situación nunca vivida nos máis de 100 anos do servizo” e trasladou o seu desexo dunha “pronta resolución do conflito”.

Os sindicatos e o comité de persoal do Concello de Vigo leva anos denunciando a falta de persoal neste servizo, que obrigou en reiteradas ocasións a pechar un dos dous parques de bombeiros da cidade. Os actos de protesta, incluída unha folga que durou case dous anos ou a recente ‘devolución’ simbólica da Medalla da Cidade ao Concello, non serviron para pór fin aos problemas e, de feito, o portavoz do goberno vigués, López Font, acusou recentemente aos bombeiros de “deshonrar” á cidade (polo acto de devolución da Medalla) e de actuar con “fins partidistas”.

ÚLTIMAS

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...

Detido en Mos tras aparecer un home brutalmente agredido

A Garda Civil arrestou a un veciño de Mos como presunto autor dunha agresión...

Vigo acolle este sábado concentracións contra o ataque de EE.UU. a Venezuela

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Vigo despois de...

Un erro ao alimentar unha caldeira de leña con carbón provoca unha intoxicación por monóxido de carbono en Oia

Unha persoa foi trasladada ao Hospital de Povisa, en Vigo, con síntomas de intoxicación...