InicioSociedadeO pleno do Porriño pide á Xunta máis profesionais e a cobertura...

O pleno do Porriño pide á Xunta máis profesionais e a cobertura das ausencias de persoal do centro de saúde

A poboación que ten asignada o centro de saúde do Porriño aumentou nos últimos anos tanto en maiores de 65 anos como en nenos, "pero iso non se reflicte no cadro de persoal do novo centro de saúde".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno da corporación municipal do Porriño aprobou unha moción para solicitar á Xunta de Galicia melloras na atención do centro de saúde da localidade, urxindo a cobertura do cadro de persoal actual e un incremento de prazas para servizos como o de fisioterapia, saúde mental ou enfermaría obstétrico-xinecolóxica. Tal como informa o BNG nun comunicado, no pleno de decembro aprobouse por unanimidade esta iniciativa, impulsada precisamente polos nacionalistas, na que se insta ao Executivo autonómico a dotar ao centro de saúde de suficientes servizos básicos diarios, así como a cubrir as ausencias médicas e a ampliar as prazas de pediatría e enfermaría, entre outras.

O BNG criticou que fai tres meses o PP local negase saturación das axendas no Porriño, “cando ata a propia Xunta recoñeceu no Plan Local de Saúde 2023-2026 que existían necesidades sanitarias non cubertas, con cotas por encima dos cocientes recomendados”. O partido lembrou que a poboación que ten asignada o centro de saúde do Porriño aumentou nos últimos anos tanto en maiores de 65 anos como en nenos, “pero iso non se reflicte no cadro de persoal do novo centro de saúde”. Por iso é polo que presentasen esta moción que foi aprobada no pleno, para así solicitar os recursos necesarios.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...