InicioSociedadeAberto o prazo para inscribirse nas rutas de avistamento de aves que...

Aberto o prazo para inscribirse nas rutas de avistamento de aves que terán lugar o domingo 14 de xaneiro en Nigrán

Hai 25 prazas dispoñibles e cada participante pode anotarse con tres acompañantes máis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Deputación de Pontevedra abriu este mércores, e ata o 12 de xaneiro, a inscrición para participar na primeira das rutas ornitolóxicas que organiza este ano, que se enmarcan dentro do programa ‘Voando nas Rías Baixas’ impulsado pola institución provincial da man de SEO/BirdLife.

Nesta ocasión, levaranse a cabo o domingo día 14 de xaneiro na Foz de Ramallosa e en Praia América, ambos no concello de Nigrán. Nun comunicado, a Deputación explicou que este espazo natural de Ramallosa forma parte da Rede Natura 2000 e trátase dun lugar de alto valor ecolóxico, “moi cómodo para a observación de aves polo preto que se poden avistar e polo confiadas que se mostran cara o ser humano“.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse no formulario publicado na páxina web da Deputación. Hai 25 prazas dispoñibles e cada participante pode anotarse con tres acompañantes máis. O percorrido, con dous guías, inclúe autobús e prismáticos para visualizar as aves.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...

A Fiscalía solicita seis anos de cárcere por unha estafa con falsos alugueres en Vigo

A Fiscalía pediu seis anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...