InicioTomiño pide máis de 600.000 euros á Xunta para financiar servizos sociais

Tomiño pide máis de 600.000 euros á Xunta para financiar servizos sociais

O Concello critica que ten que asumir máis de 250.000 euros polas súas dúas escolas infantís e o centro de día da localidade, mentres que nos municipios con escolas privadas a Xunta financia a totalidade do servizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A corporación local do Concello de Tomiño aprobou no pleno do pasado 19 de decembro unha moción para pedir á Xunta máis de 600.000 euros co obxectivo de financiar servizos sociais de competencia “non municipal”.

Cos votos a favor do PSOE e do BNG, que impulsou a iniciativa, e coa abstención do PP, esta moción explica que coa entrada en vigor da lei de racionalización e sustentabilidade da administración local, as competencias dos concellos sobre os servizos sociais diminuíron, manténdose unicamente a responsabilidade en materia de avaliación e información de situacións de necesidade social e de atención inmediata a persoas en risco de exclusión social.

“No entanto, o Concello de Tomiño segue tendo que asumir unha parte do financiamento de servizos como o servizo de axuda no fogar ou aquel relacionado coas prazas ofertadas no centro de día e nas escolas infantís”, denunciou o goberno local nun comunicado.

Así, calcula que nestes momentos destínanse máis de 600.000 euros de fondos propios a servizos que non son da súa competencia, polo que pide ao Executivo autonómico esa contía.

En concreto, o Concello critica que ten que asumir máis de 250.000 euros polas súas dúas escolas infantís e o centro de día da localidade, mentres que nos municipios con escolas privadas a Xunta financia a totalidade do servizo.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...