InicioSociedadeAs tarifas bonificadas do bus de Vigo soben entre un 5 e...

As tarifas bonificadas do bus de Vigo soben entre un 5 e un 10 %, e a oposición critica o aumento sen aviso previo

PP e BNG censuran que se incremente o prezo do billete en plena folga e cun servizo "precario e insuficiente".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concesionaria do bus urbano de VigoVitrasa, aplica desde este 1 de xaneiro unhas novas tarifas bonificadas, é dicir, as que pagan os usuarios do cartón Pass Vigo, con incrementos que oscilan entre o 5,4 e o 10,2 %, mentres que o prezo do billete ordinario mantense por agora en 1,49 euros (prezo fixado en marzo de 2023).

Deste xeito, o billete bonificado normal pasa de 0,49 a 0,53 euros; a tarifa de estudante pasa de 0,47 a 0,51 euros; a de universitario sobe de 0,37 a 0,39 euros; e o billete social pasa de 0,39 a 0,43 euros. Os grupos da oposición, PP e BNG, denunciaron este incremento de tarifas co visto e prace do goberno local, e nun momento de conflito laboral na concesionaria do bus urbano, cando precisamente o servizo que se presta é de menor calidade.

O concelleiro do PP, Miguel Martín, criticou que o alcalde, Abel Caballero, “castiga” aos vigueses cun encarecemento “innecesario e inxusto” dos bonos, que se suma á subida de taxas e impostos municipais do 4 % este ano 2024. Así mesmo, censurou que a subida dos billetes bonificados é “incomprensiblemente” maior, porcentualmente, no chamado bono social (que sobe un 10,2 %).

“Trátase dun novo ‘sablazo’ aos vigueses nun momento aínda de alta inflación e incerteza, e que se suma á subida xeneralizada dos impostos e taxas municipais”, subliñou, e lembrou que as bonificacións da Xunta ao transporte metropolitano, por contra, si se manteñen. Martín cualificou a subida de “encuberta”, porque non foi previamente anunciada, aínda que si aparece na web da empresa Vitrasa, e lamentou que se produza en pleno conflito laboral na concesionaria, cun goberno local e un alcalde que seguen “vendo para outro lado” mentres segue empeorando a calidade do servizo.

“SERVIZO PRECARIO E INSUFICIENTE”

Tamén o grupo municipal do BNG criticou esta subida das tarifas bonificadas de forma “inxusta e inxustificada” e advertiu de que, nas próximas semanas, tamén subirá o prezo do billete ordinario, que pasará de 1,49 a 1,57 euros. O portavoz do grupo nacionalista, Xabier Pérez Iglesias, reclamou unha “rectificación” ao goberno local, que aposte por un sistema tarifario que promova o uso do bus, e que sexa “sensible” coa crise social que afecta a un gran número de vigueses.

Tras criticar que a subida se adoptase de forma “unilateral”, lembrou que o Concello dispón de recursos económicos suficientes para evitar eses “aumentos desorbitados” aos usuarios do cartón Pass Vigo, e criticou un aumento de tarifas cun servizo de bus “precario e insuficiente”, con menos frecuencias e cun mapa de liñas “obsoleto”. Finalmente, o BNG propuxo novas medidas e bonos para fomentar o uso do bus urbano: conxelar o bono ordinario nos 0,49 euros; equiparar o bono estudante co universitario; implantar un bono social gratuíto para desempregados e persoas vulnerables; e estender a gratuidade aos menores de 14 anos.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...