InicioSociedadeO Supremo confirma a sanción de 60.001 euros a unha farmacia de...

O Supremo confirma a sanción de 60.001 euros a unha farmacia de Vigo por subministración irregular do psicotrópico Rubifen

A lei permite esa venda directa de medicamentos a profesionais sanitarios pero esta farmacia, en lugar de optar por esta modalidade, empregou o "método de prescrición de receitas a pacientes individualizados (...), pero recolléndoos a propia facultativa que os prescribía ou o persoal da clínica de tratamento da obesidade que rexentaba".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tribunal Supremo confirmou a sanción de 60.001 euros imposta por Sanidade á titular dunha farmacia de Vigo pola subministración irregular do medicamento Rubifen, un psicotrópico con efectos estimulantes, a unha clínica privada de tratamento da obesidade. O alto tribunal desestimou un recurso interposto pola titular da farmacia, e confirmou a sanción imposta por infracción grave da normativa de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.

Segundo recóllese no escrito, esta farmacia forneceu 450 envases de Rubifen de 20 mg a unha facultativa dunha clínica privada, que os recetaba aos seus pacientes, entre agosto de 2016 e novembro de 2017. A propia doutora ou persoal da súa clínica encargábase de recoller os medicamentos na farmacia, que emitía as facturas a ese centro sanitario.

O Supremo desestimou o argumento da recorrente sobre a diferenciación entre a persoa titular da farmacia e o director técnico da mesma, e sinala que esta figura non pode desligarse da do farmacéutico titular cando realiza actividade de venda directa de medicamentos a profesionais sanitarios.

Respecto diso, tamén matiza que a lei permite esa venda directa de medicamentos a profesionais sanitarios pero que esta farmacia, en lugar de optar por esta modalidade, empregou o “método de prescrición de receitas a pacientes individualizados (…), pero recolléndoos a propia facultativa que os prescribía ou o persoal da clínica de tratamento da obesidade que rexentaba”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...