InicioSociedadeOs bombeiros de Vigo "devolven" a Medalla de Ouro da cidade ao...

Os bombeiros de Vigo “devolven” a Medalla de Ouro da cidade ao alcalde pola súa “nefasta xestión” do servizo

Abel Caballero anuncia unha nova escaleira articulada para os bombeiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os bombeiros da cidade de Vigo protagonizaron este venres un acto simbólico de “devolución” da Medalla de Ouro da cidade, que lle foi outorgada a este servizo no ano 2009, unha distinción da que agora, aseguran, non son “merecedores”, debido á “nefasta xestión” do goberno municipal de Abel Caballero, que levou ao “desmantelamento deste servizo esencial”.

Un grupo destes funcionarios concentrouse fronte á casa consistorial portando unha gran medalla dourada coa imaxe do alcalde e cunha gran banda vermella coa lema “Vigo sen bombeiros”, para denunciar unha vez máis a escaseza de persoal neste servizo. A situación, que se arrastra desde hai anos, advertiron, supón unha “seria ameaza” para a seguridade da cidadanía e dos propios bombeiros.

No acto, no que tamén houbo música de gaita a cargo dos propios bombeiros, un portavoz do colectivo trasladou a “desafección” do servizo co actual goberno local e a “fonda preocupación” polo estado actual do mesmo. “Lamentablemente, a xestión do alcalde nestes últimos anos está a levar a un progresivo desmantelamento dun servizo esencial e vital para a cidadanía”.

É imperativo tomar accións urxentes para reverter esta situación (…), a seguridade dos cidadáns e a integridade dos bombeiros non pode esperar máis”, sinalaron, e explicaron que a devolución da Medalla de Ouro débese a que “grazas á nefasta xestión” de Caballero e o seu equipo, os bombeiros non senten “merecedores agora de tal distinción”.

COMPRA DE ESCALEIRA ARTICULADA

Precisamente este venres, o alcalde de Vigo referiuse ao servizo de bombeiros da cidade, pero non a esta protesta. Nun audio gravado e remitido aos medios, informou da aprobación do expediente de licitación (na Xunta de Goberno deste venres) para comprar unha nova escaleira articulada, que permite subir ata 64 metros de altura. “É a mellor tecnoloxía do mundo e témola en Vigo. Seguimos facendo investimentos para ter o mellor material de extinción de incendios de ningunha cidade de Europa”, subliñou Abel Caballero.

ÚLTIMAS

Detido un veciño de Nigrán tras supostamente agredir á súa parella por non facerlle a cea

Un home, de Nigrán e 44 anos de idade, foi detido na noite deste...

Decenas de persoas protestan para esixir un protocolo que garanta seguridade no SAF: “Teresa somos todas”

Preto dunhas 200 persoas manifestáronse na tarde deste mércores en Vigo para esixir un...

Abel Caballero denuncia un ciberataque prorruso contra a web do Concello de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que a web do Concello sufriu...

O PPdeG de Vigo denuncia a “continua deterioración” do Tren Celta tras anunciar Renfe que a liña fará transbordo

O grupo municipal do PP de Vigo considerou "inaceptable" a "continua deterioración" do tren...