InicioVal MiñorNigránA Deputación de Pontevedra e o Concello de Nigrán asinan un convenio...

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Nigrán asinan un convenio para a reforma da Ramallosa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, e o alcalde de Nigrán, Juan González, asinaron este xoves un convenio de colaboración polo que se destinará case un millón –o 80% da entidade provincial e o 20% da municipal– para a reforma do parque da Ramallosa.

O convenio recolle que as obras deberán estar terminadas o 30 de abril de 2025. Entre outras actuacións, contémplase a mellora de accesibilidade co deseño de itinerarios peonís e ciclistas, arranxo de pavimentos, zona axardinadas e ampliación do parque infantil, ademais de accións de eficiencia enerxética.

Por outra banda, Luís López asinou un convenio coa tenente alcalde de Mondariz, Elena Naveira, polo que investirá medio millón de euros –85% da Deputación e 15% do municipio– para a reforma do campo de fútbol e a creación dunha zona de deportes na Lagoa.

ÚLTIMAS

A Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza expresiva

A sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes de Vigo, expón desde este...

Ciencia de Ida e Volta en cafés de Pontevedra, Vigo e Ourense por parte do alumnado sénior da UVigo

Exercer de embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esa será a misión...

Caballero esixe á Xunta 9 millóns ao ano para Vigo por ser “a cidade máis importante de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiulle este martes á Xunta de Galicia que,...

O BNG leva á Valedora a negativa de Caballero a comparecer polo caso Saltamontes

O grupo municipal do BNG en Vigo presentou unha queixa ante a Valedora do...