InicioSociedadeSanidade defende a prórroga do contrato con Povisa e afirma que "toda...

Sanidade defende a prórroga do contrato con Povisa e afirma que “toda a vida do concerto” está en Transparencia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Consellería de Sanidade defendeu a nova prórroga do contrato co hospital Povisa para a asunción da cobertura de parte da poboación da área de Vigo, que foi asinado en 2014 e que estará en vigo ata agosto de 2024 en virtude da segunda extensión extraordinaria aplicada desde o pasado 1 de setembro.

Segundo detallou a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato Mosquera, en resposta a unha pregunta na Comisión 5ª da deputada do BNG Montse Prado, a tarifa que abona o Sergas a Povisa por cada paciente que escolle ter este centro como referencia é de 540 euros ao ano.

Ante as denuncias da parlamentaria nacionalista que acusou á Consellería de Sanidade de actuar con “total opacidade” na súa relación con Povisa, a responsable do Executivo galego sinalou que “toda a vida do concerto” con esta entidade privada está dispoñible para consulta “no perfil de contratante” do Portal de Transparencia. Alí, remarcou, “poden consultarse todas as vicisitudes” dun contrato que expirará o próximo verán e que, segundo Lobato Mosquera, será reformulado nun novo que “se tramitará polo procedemento que se determine de acordo á Lei de Contratos”.

NOVA FACULTADE DE FARMACIA

Por outra banda, o secretario xeral de Universidades, Alberto Díez de Castro, mostrou a súa confianza en que a Universidade de Santiago (USC) licite o próximo ano a fase uno do proxecto do novo centro de Ciencias da Saúde, que contempla a nova Facultade de Farmacia. Así o manifestou despois de que o deputado do PSdeG, Xullo Torrado, instase á Adminitración autonómica a comprometerse en apoiar á Universidade compostelá na construción dunhas novas instalacións para unha titulación que, desde o peche en 2105 do centro por problemas estruturais no edificio, repártense entre varias dependencias da institución académica.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...