InicioSociedadeO referendo en Nigrán para elixir o sentido dunha rúa alcanza un...

O referendo en Nigrán para elixir o sentido dunha rúa alcanza un 85,7% de participación

O goberno municipal avanzou que se celebrarán máis consultas populares para implicar na toma de decisións aos veciños

PUBLICADO O

- Advertisement -

A consulta popular organizada no Concello de Nigrán para elixir o sentido dunha rúa en Bouzavella –Panxón– rexistrou unha participación do 85,7% entre os 62 veciños chamados a votar.

O resultado desta consulta popular cualificado polo municipio pontevedrés como un “feito inédito practicamente” na política galega foi favorable a manter o sentido bidireccional na rúa a partir do cruzamento de Gorfáns.

A opción continuista impúxose por unha estreita marxe de cinco votos (29 a favor de manter e 24 que pedían cambiar a sentido único), segundo trasladou o concello de Nigrán, que xa organizara unha enquisa en liña sobre a permisividade dos cans en praias.

“Tomamos nota da situación, practicamente a metade dos veciños queren unha cousa e a outra metade outra, polo que isto reafírmanos en que non se pode tomar ningunha decisión radical nin inmediata, así que traballaremos para humanizar esta rúa respectando o resultado das hurnas”, sinalou o alcalde, Juan González.

Ademais, o goberno municipal avanzou que se celebrarán máis consultas populares para implicar na toma de decisións aos veciños. “Imos seguir nesta liña porque, ao final, non se pode tomar desde unha decisión que afecta a un determinado número de persoas sen preguntar antes a opinión de todos”, sinalou o rexedor.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...