InicioSociedadeDetido un taxista en Cangas por dous delitos de agresión a menores...

Detido un taxista en Cangas por dous delitos de agresión a menores mentres prestaba servizo

O presunto autor dos delitos, de 65 anos de idade, aproveitaría a súa profesión para transportar ás rapazas á súa casa de noite tras saír de festa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un taxista da comarca pontevedresa do Morrazo foi detido pola Garda Civil de Cangas por dous presuntos delitos de agresión sexual a menores ao tratar de bicalas ou proporlles actos sexuais mentres as levaba a casa. Tal como informou a Benemérita, a investigación iniciouse por unha denuncia presentada por unha das vítimas, na que a menor relataba unha agresión sexual ocorrida no interior dun taxi, mentres se trasladaba de madrugada desde Cangas a Moaña, acompañada dunha amiga.

condutor, despois de deixar a unha delas en casa, detería o coche, comezando a facer comentarios relativos ao físico da menor e á súa roupa, mentres lle acariñaba a perna tentando baixarlle a roupa e propóndolle un acto sexual. O home tamén lle asegurou que se o facía, non lle cobraría a carreira. Nun momento dado, ela finxiu a chamada da súa nai, polo que o home desistiu e deixouna na súa casa, non sen antes advertila de que “non lle buscase un problema”.

segunda vítima, tamén menor de idade, asegurou que o taxista lle pediu que lle dese un bico. En ambos os casos, o presunto autor dos delitos, de 65 anos de idade, aproveitaría a súa profesión de taxista para transportar a menores á súa casa de noite tras saír de festa. O home foi detido e as dilixencias foron postas a disposición do Xulgado de Garda de Cangas, sendo o home posto en liberdade pendente de acudir ao Xulgado cando sexa requirido para iso.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...