InicioSociedadeAs autoridades recomendan limpar tubaxes, billas e duchas ante o brote de...

As autoridades recomendan limpar tubaxes, billas e duchas ante o brote de lexionela na Guarda e O Rosal

A Xunta e os concellos chaman á calma porque a infección, que afectou a nove persoas, non se transmite entre persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta e os concellos pontevedreses da Guarda e O Rosal distribuíron entre os seus veciños unhas recomendacións sanitarias para mitigar o foco de lexionela que afectou a nove persoas ata o momento. Todas elas necesitaron ingreso, aínda que tres xa recibiron o alta.

Segundo as instrucións, unha maneira de combater as baceterias de legionela é limpar tubaxes, billas e duchas que poidan estar en mal estado, así como revisar e realizar o mantemento das canalizacións e os quentadores.

Así, a Consellería de Sanidade suxire cambiar elementos en mal estado, rotos ou oxidados; desmontar e limpar cun cepillo os difusores das duchas e as billas polo menos unha vez ao ano, mergullándoos en lejía; non apagar os quentadores polas noites e manter a súa temperatura por encima de 60 graos; e abrir de cando en vez as billas para evitar que a auga quede estancada.

SEN SABER A ORIXE

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, púxose o sábado en contacto cos alcaldes para informarlles deste brote que afectou a oito veciños da Garda e a un do Rosal que, en principio, non pertencen a un mesmo contorna.

Ata o momento non se puido determinar se hai unha orixe común, xa que a enfermidade non se contaxia entre persoas. Iso si, en días pasados localizouse un foco de leXionela entre veciños de Caminha e Vila Praia de Ancora, localidades fronteirizas de Portugal, tal e como recollen medios de comunicación lusos.

Dentro da investigación ambiental da Xunta, que segue en curso, tomáronse mostras da auga de traída das zonas onde residen as persoas afectadas, así como do domicilio de cinco deles. Polo momento, as probas foron negativas.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...