InicioSociedadeFamiliares dos mariñeiros do Pitanxo reuniranse o mércores co conselleiro do Mar

Familiares dos mariñeiros do Pitanxo reuniranse o mércores co conselleiro do Mar

Segue pendente a declaración na Audiencia Nacional en calidade de investigados de dous directivos de Pesqueiras Nores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo en representación das familias dos mariñeiros falecidos no naufraxio do “Villa de Pitanxo”, ocorrido en febreiro 2022 en augas de Terranova (Canadá), reuniranse este mércores, 22 de novembro (18,00 horas), co conselleiro do Mar, Alfonso Villares, na Xunta.

A portavoz das familias, María José de Pazo, explicou que, cando tomou posesión, o conselleiro púxose en contacto coas familias coa intención de acordar unha reunión. Así mesmo, están pendentes de confirmación para ser recibidos polo delegado do Goberno en Galicia.

Por outra banda, fixouse para o 17 de febreiro de 2024 o acto cívico que se realizará en Marín, xunto á placa en homenaxe aos falecidos, con motivo do segundo aniversario da traxedia. Tamén se vai a enviar a Terranova unha placa co nome dos 21 falecidos.

Paralelamente, segue pendente a declaración na Audiencia Nacional en calidade de investigados de dous directivos de Pesqueiras Nores. Trátase do director xeral da compañía, José Antonio Nores, e do responsable de Frota da empresa, José Antonio Nore

ÚLTIMAS

Un anaco de Vigo en Madrid

Hai rúas que nacen para ser fotografadas e outras que nacen para ser lembradas....

Vigo terá finalmente dúas pantallas xigantes para ver a semifinal do Mundial entre España e Francia, tras autorizar o Concello a da Deputación

Vigo contará finalmente con dúas pantallas xigantes para seguir este martes a semifinal do...

O acusado de prender lume á súa exparella en Vigo di que “non lembra” o ocorrido pero que se arrepentiu ao saber que fixera...

O home acusado de tentar asasinar a súa exparella tras supostamente prenderlle lume en...

A Xunta autoriza a licitación de 55 vivendas públicas en San Paio de Navia

O Consello da Xunta deu luz verde á licitación do contrato de execución das...