InicioSociedadeMalestar entre os pasaxeiros dun voo Vigo-Madrid que foi cancelado para cedelo...

Malestar entre os pasaxeiros dun voo Vigo-Madrid que foi cancelado para cedelo ao Sevilla F.C.

Air Nostrum lamenta "profundamente" o ocorrido: un "erro achacable unicamente á compañía" polo que promete compensacións. A solución que lles deu a compañía aos pasaxeiros foi que volvesen ao Aeroporto de Peinador ás 8.00 da mañá do domingo para ser conducidos a Madrid en autobús. Iso, ou esperar a un novo voo o luns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varias decenas de pasaxeiros do último voo Vigo-Madrid do sábado quedaron en terra, no Aeroporto de Peinador, despois de que o avión fose cedido para que Sevilla Fútbol Club puidese volver a casa. Ocorreu na noite do sábado, despois do partido que o Sevilla xogou contra o Celta de Vigo en Balaídos e que finalizou cun empate (1-1).

O voo con código IB8869, operado por Air Nostrum e que xa ía saír con atraso cara a Madrid, foi finalmente cedido ao corpo técnico e xogadores do equipo andaluz porque o seu sufrira unha avaría. Finalmente, partiu sobre as 23.30 horas cara á cidade hispalense. Foron varios os pasaxeiros que se manifestaron molestos a través de redes sociais porque, por esta decisión da compañía da que se decataron cando xa estaban na cola de embarque, quedaron sen poder viaxar.

A solución que lles deu a compañía aos pasaxeiros foi que volvesen ao Aeroporto de Peinador ás 8.00 da mañá do domingo para ser conducidos a Madrid en autobús. Iso, ou esperar a un novo voo o luns. Por mor deste suceso, Air Nostrum emitiu este domingo un comunicado no que “lamenta profundamente o prexuízo ocasionado” aos pasaxeiros.

Afirma que se trata de “un lamentable erro achacable unicamente á compañía” polo cal quere transmitir “as súas máis sinceiras desculpas” aos afectados. “A próxima semana contactarase con cada un dos pasaxeiros para compensarlles polas molestias causadas”, conclúe o comunicado da aerolínea, que foi compartido en redes sociais pola conta do Sevilla.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...