InicioOs acusados de vender cupóns falsos en Moaña recoñecen os feitos e...

Os acusados de vender cupóns falsos en Moaña recoñecen os feitos e eluden prisión

Os feitos remóntanse ao verán de 2020 cando dous das acusadas comezaron a elaborar e vender cupóns falsos, de 1 e 2 euros, para un suposto sorteo en favor de colectivos con discapacidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O catro acusados dun delito de contrabando, pola súa implicación nunha trama de venda de cupóns falsos que operaba desde Moaña, recoñeceron os feitos e, tras un acordo de conformidade, foron condenados a penas menores e eludirán o ingreso en prisión.

Así, o xulgado do Penal 1 de Vigo ditou sentenza de conformidade pola que condena á ‘xefa’ do grupo á pena de 2 anos de cárcere e ao pago dunha multa de 135.335 euros por un delito de contrabando. Tamén a inhabilitou para exercer profesións que teñan que ver con xogos de azar durante un período de 5 anos.

A outros dous acusados, a condena como cooperadores necesarios nese delito, á pena dun ano e medio de prisión, multa de 135.335 euros e inhabilitación por tres anos. Finalmente, á nai da responsable da trama, a condena como cómplice a 9 meses de cárcere, multa de 67.667 euros e inhabilitación de 2 anos.

O tribunal tivo en conta a circunstancia atenuante de reparación do dano, xa que os acusados consignaron 5.000 euros para facer fronte ás costas e aos danos ocasionados ao ONCE. Así mesmo, declarou a suspensión da execución da pena de prisión por un período de 2 anos, a condición de que os procesados non delincan nese tempo.

FEITOS RECOÑECIDOS

Os feitos remóntanse ao verán de 2020 cando dous das acusadas comezaron a elaborar e vender cupóns falsos, de 1 e 2 euros, para un suposto sorteo en favor de colectivos con discapacidade. Os cupóns aparentaban ser emitidos por dúas asociacións de persoas con discapacidade e os números emitidos estaban supostamente vinculados ao sorteo do ONCE. Así mesmo, tamén emitían cupóns da modalidade ‘rasca’.

Para elaborar estes cupóns contaban coa participación dun terceiro acusado, que producía as papeletas nunha imprenta de Moaña. Unha vez impresos, entregábaos á ‘xefa’ do grupo e esta, con axuda da súa nai, enviábaos a unha rede de case unha vintena de vendedores por toda España.

Estes vendedores, que distribuían os cupóns en localidades como Cangas, Nigrán, Bilbao, Plasencia, Córdoba, Ourense, Vilagarcía, A Coruña, Chiclana ou Alcalá del Río (Sevilla), cobraban unha porcentaxe mínima das vendas. Cando os cupóns resultaban ‘premiados’, eran os vendedores quen pagaban o premio, se este era pequeno, e se o premio era maior, encargábase de abonalo a responsable da trama.

ÚLTIMAS

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

Belén Aguilera chega a Vigo antes das eleccións do 29N: “Como artista e como muller, dáme medo o que poida pasar, pero non vou...

Hai artistas para os que cada disco representa un cambio de pel, unha necesidade...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...