InicioSociedadeDetido un veciño de Vigo por usar datos persoais obtidos nunha venda...

Detido un veciño de Vigo por usar datos persoais obtidos nunha venda por Internet para realizar transferencias bancarias

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de Vigo foi detido como presunto autor dun delito de estafa despois de que empregase para realizar transferencias os datos bancarios dunha persoa logrados nun intercambio de información para unha venda por Internet. O arresto foi levado a cabo por axentes do equipo especializado en delitos informáticos da Garda Civil da Coruña, segundo informa o Instituto Armado este luns nun comunicado.

A vítima presentou unha denuncia despois de que levasen a cabo varias transferencias desde a súa conta bancaria tras un intercambio de datos cunha persoa que se interesou por un artigo que o denunciante ofrecía por Internet. Unha vez pactado o prezo de venda, o suposto comprador remitiu a un enlace dunha suposta empresa de transportes que se encargaría, segundo a Garda Civil, tanto do envío do produto adquirido como do cobro do importe.

A ligazón levaba a un formulario no que se solicitaba información da conta bancaria coa que realizar o pago do transporte e recibir o importe da venda. A partir de aí, levaron a cabo varias transferencias non autorizadas na súa conta bancaria. Tras a denuncia, a Garda Civil logrou identificar como presunto autor dos feitos a un home con domicilio na cidade de Vigo, que foi detido e posto a disposición do xulgado de instrución de garda da Coruña.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...