InicioSociedadeInundacións, árbores caídas e crecida de ríos tras o paso da borrasca

Inundacións, árbores caídas e crecida de ríos tras o paso da borrasca

En Ponteareas o río Tea provocou inundacións en rúas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Estradas con balsas de auga e rúas alagadas son as primeiras incidencias que deixan as crecidas dos ríos en municipios do sur Pontevedra, principal zona afectada polas fortes choivas da madrugada e a mañá deste xoves en Galicia.

Segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, a de Pontevedra é a provincia máis afectada polas abundantes precipitacións, o que obrigou á activación dunha alerta laranxa por acumulacións de máis de 80 litros por metro cadrado en 12 horas. No resto de Galicia, fóra da Mariña, o aviso será de nivel amarelo pola caída de 40 litros por metro cadrado.

As primeiras incidencias ocorreron en concellos próximos á fronteira con Portugal. O 112 recibiu varios avisos de particulares por crecidas dalgúns ríos. En Mondariz e Ponteareas, a subida do caudal do Tea provocou inundacións nas rúas. Aínda que polo momento non foron de moita intensidade, a auga si entrou polos baixos dalgunhas vivendas.

A Policía Local de Ponteareas lanzou un aviso a través de redes sociais para informar do corte da estrada que vai a Freixa, polo acceso da N-120 ata o cemiterio de Ribadetea; así como da estrada da Ribeira, en Moreira.

No caso do Rosal, un particular avisou da subida do río Tamuxe. A todo iso súmanse incidencias máis habituais, como caídas de árbores nas vías de circulación.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...