InicioSociedadeCondenan a oito anos de cárcere a un avó por agredir sexualmente...

Condenan a oito anos de cárcere a un avó por agredir sexualmente á súa neta en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a oito anos de cárcere a un avó por agredir sexualmente á súa neta de 11 anos de idade. Os feitos ocorreron no domicilio familiar e por eles, o tribunal tamén inhabilitou ao home para calquera profesión, oficio ou actividade, sexan ou non retribuídas, que leve contacto regular e directo con menores, por un tempo superior en cinco anos ao da duración da pena de privación de liberdade.

Así mesmo, terá que pagar unha indemnización de 6.000 euros á vítima polo dano moral sufrido. A pesar de que inicialmente Fiscalía solicitaba ata 15 anos de prisión, a Audiencia condenouno a oito anos de cárcere por un delito de agresión sexual. Os feitos ocorreron en 2019, cando a menor estaba a piques de cumprir 11 anos. O avó convivía de forma temporal en casa da súa filla, e coincidía eventualmente coa súa neta na mesma vivenda, xa que a nena vivía entón co seu pai, que ten a custodia, e visitaba periodicamente á súa nai.

Foi na vivenda da nai onde tivo lugar a agresión sexual e onde o avó estaba a residir tras separarse da súa parella. O acusado, segundo declarou, durmía no sofá e “nunca” ía á habitación da nena, salvo para coller algún dos seus aveños, que estaban nese dormitorio, ou para cambiarse, sempre en ausencia da menor. Tal como explica a sentenza, en xullo de 2019, cando a menor xa estaba no seu dormitorio, deitada na cama para durmir, o seu avó entrou na estancia e díxolle se podía deitarse con ela, “non negándose a menor, pois pensaba que era para durmir”.

“Unha vez que o procesado subiuse á cama, e movido por un claro ánimo libidinoso, procedeu a botarse sobre a menor, comezando a tocala por todo o corpo, facéndoo por encima do pixama”, recolle a sentenza. Mentres, a menor conseguiu zafarse del e refuxiouse no cuarto de baño. Á súa saída, o agora condenado estaba a esperala e, cando a vítima se subiu á cama, ao pouco tempo el tamén, baixándolle o pantalón á súa neta e comezando a tocala, “pero sen que houbese penetración”. Ao día seguinte, a nai da menor botou de casa ao home por atopalo na cama da nena.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...