InicioSociedadeUnha moza acepta 2,5 anos de cárcere ou ingreso psiquiátrico tras recoñecer...

Unha moza acepta 2,5 anos de cárcere ou ingreso psiquiátrico tras recoñecer que incendiou a súa casa

No domicilio atopábanse a nai da nova e a súa parella, ademais do can da familia. A nai puido saír da vivenda, pero o seu noivo quedou bloqueado polas chamas e tivo que ser rescatado polos bombeiros desde unha xanela dunha habitación. O edificio foi desaloxado e as chamas causaron importantes danos. Ademais, no incendio faleceu o can da familia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha moza de 21 anos de idade aceptou a pena de 2 anos e medio de prisión ou internamento nun centro psiquiátrico por período non superior a ese tempo, tras recoñecerse autora dun delito de incendio e admitir que prendeu lume á súa vivenda en Vigo, coa súa nai e o noivo dela dentro do domicilio.

Así se acordou nunha vista de conformidade celebrada na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo. Ademais da pena privativa de liberdade, impúxose o pago de algo máis de 6.300 en indemnizacións polos danos que causou o incendio á comunidade de propietarios e a algúns veciños nas súas vivendas. Na aplicación da pena tívose en conta a eximente incompleta de alleamento mental, xa que a moza padece un trastorno de saúde mental que fixo que, no momento dos feitos, a súa capacidade volitiva estivese afectada.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, que pedía inicialmente 5 anos de cárcere, os feitos remóntanse á madrugada do 25 de agosto de 2020, cando a acusada, “con ánimo de queimar a súa casa e consciente do risco”, prendeu lume ao sofá do salón do domicilio familiar. A continuación, a moza, que entón tiña 18 anos, saíu da vivenda, un dúplex na zona das Travesas.

No domicilio atopábanse nese momento a nai da nova e a súa parella, ademais do can da familia. A nai puido saír da vivenda, pero o seu noivo quedou bloqueado polas chamas e o fume, e tivo que ser rescatado polos bombeiros desde unha xanela dunha habitación. O edificio foi desaloxado e as chamas causaron importantes danos na vivenda familiar, así como danos noutros pisos e na fachada do edificio. Ademais, no incendio faleceu o can da familia.

A acusada padece un trastorno de personalidade límite con trazos desadaptativos e trastorno por uso de sustancias tóxicas (cannabis e alcol), que lle ocasionan problemas de autocontrol e que, no momento dos feitos, afectaban de maneira importante ás súas facultades volitivas.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...