InicioSociedadeO albergue do Berbés recibe ao seu peregrino 20.000, un cidadán xaponés...

O albergue do Berbés recibe ao seu peregrino 20.000, un cidadán xaponés de 63 anos

A delegada territorial da Xunta na urbe olívica, Ana Ortiz, lamentou que Vigo sexa a única cidade das rutas xacobeas que non aceptou a instalación de sinalización oficial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O albergue de peregrinos ‘Juan Manuel López Chaves’, situado no Berbés, en Vigo, recibiu este xoves ao seu visitante número 20.000, un cidadán xaponés, Kazuya Miyoshio, de 63 anos de idade. A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz; e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, foron os encargados de facer a recepción a este simbólico peregrino, ao que entregaron algúns agasallos conmemorativos do Camiño Xacobeo.

O albergue funciona a pleno rendemento desde xullo de 2021 e, segundo sinalaron os representantes autonómicos, este ano “está a bater todas as marcas”. Respecto diso, a delegada da Xunta apuntou que, ata o mes de setembro, xa superan os de todo o ano 2022, cando o número de visitantes que chegou a este aloxamento foi de algo menos de 8.000.

“A afluencia de peregrinos, procedentes de 78 países, experimentou un aumento espectacular nos últimos meses e a nosa ruta xacobea, única cun percorrido pola costa atlántica, supera todos os rexistros este mesmo ano, converténdose na que máis crece“, explicou Ana Ortiz, en relación ao Camiño Portugués.

Na mesma liña, Xosé Merelles ratificou a aposta de Turismo de Galicia polo Camiño Portugués pola Costa e polo albergue do Berbés que, ademais de “dar visibilidade” á ruta xacobea ao seu paso por Vigo, converteuse nun “imán” de atracción. O Camiño Portugués pola Costa rexistrou no que vai de ano un total de 43.302 peregrinos (fronte aos 30.646 de todo o ano 2022), mentres que o Camiño Portugués rexistrou 74.206 (foron 93.077 en 2022).

Con todo, Ana Ortiz lamentou que Vigo sexa a única cidade das rutas xacobeas que non aceptou a instalación de sinalización oficial. “Segue sendo a única de Europa que non ten o camiño sinalizado”, explicou a delegada, que agradeceu a colaboración que, para compensar esa falta de sinalización, prestan establecementos comerciais e hostaleiros, e colectivos como os taxistas.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...