InicioSociedadeA UVigo, condenada a devolver o desconto da cota patronal a persoal...

A UVigo, condenada a devolver o desconto da cota patronal a persoal investigador

A sentenza do TSXG declara nula a práctica de detraer do importe das axudas a cota empresarial á Seguridade Social, para determinar desta maneira o salario a abonar ao persoal contratado. Estima que os traballadores teñen dereito a percibir polo menos as contías que figuran no Real Decreto que regula as axudas (3.500 euros brutos ao mes para quen realice estancia no estranxeiro e de 2.800 euros en España no caso de Margaridas Salgas e 4.000 euros brutos mensuais no caso de María Zambrano).

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou un recurso colectivo presentado pola CIG-Ensino, considerando nula a práctica de descontar a cota patronal a persoal investigador e condenando á Universidade de Vigo (UVigo) a devolver as ditas cantidades.

Os traballadores afectados en cuestión son os elixidos para beneficiarse das axudas da modalidade denominada Margarita Salgas (para a contratación de novas doutoras e doutores) e o programa María Zambrano (de atracción de talento internacional). Esta resolución únese á que o TSXG levou a cabo o pasado verán, que obrigaba a realizar o mesmo á Universidade da Coruña (UdC). “Só queda pendente a sentenza que afecta á Universidade de Santiago de Compostela, cuxo xuízo xa tivo lugar”, reivindicou o sindicato nun comunicado.

No caso da sentenza da UVigo, en liña coa da UdC, declara nula a práctica de detraer do importe das axudas a cota empresarial á Seguridade Social, para determinar desta maneira o salario a abonar ao persoal contratado. Así, estima que os traballadores teñen dereito a percibir polo menos as contías que figuran no Real Decreto que regula as axudas (3.500 euros brutos ao mes para quen realice estancia no estranxeiro e de 2.800 euros en España no caso de Margaridas Salgas e 4.000 euros brutos mensuais no caso de María Zambrano).

Só na UVigo están nesta situación 38 persoas. O total das universidades galegas ascende a 136, segundo datos da CIG. A CIG mostrou a súa satisfacción por esta decisión do alto tribunal galego, pero pediu aos equipos reitores das universidades un “cambio” á hora de afrontar este tipo de conflitos, lembrando que inicialmente a organización propuxo unha arbitraxe para evitar a vía xudicial e que só se acudiu aos tribunais ante a negativa das tres universidades.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...