InicioSociedadePeinador realiza un simulacro de accidente aéreo con 28 feridos e 12...

Peinador realiza un simulacro de accidente aéreo con 28 feridos e 12 falecidos

O Aeroporto de Vigo realizou este mércores un simulacro xeral de accidente aéreo co obxectivo de avaliar os procedementos de actuación establecidos no devandito plan, analizar a súa eficacia e comprobar o grao de coñecemento e integración dos diferentes colectivos implicados na atención dunha emerxencia aeroportuaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Aeroporto de Vigo realizou este mércores un simulacro xeral de accidente aéreo co obxectivo de avaliar os procedementos de actuación establecidos no devandito plan, analizar a súa eficacia e comprobar o grao de coñecemento e integración dos diferentes colectivos implicados na atención dunha emerxencia aeroportuaria.

Tal como informou Aena nun comunicado, todos os seus aeroportos dispoñen dun Plan de Emerxencias Aeronáuticas, destinado a minimizar as consecuencias que poderían derivarse dun accidente. “O seu labor fundamental é garantir, por unha banda, a protección das vidas humanas e os bens que puidesen verse afectados por un incidente dese tipo e, por outro, a continuidade ou restablecemento da operatividade aeroportuaria”, subliñou a firma.

SIMULACRO

No simulacro de Peinador deste mércores analizáronse os tempos de reacción e resposta de todos os colectivos (internos e externos) implicados. Con este exercicio, o aeródromo vigués cumpre coa normativa da Organización de Aviación Civil Internacional en materia de planificación de emerxencias. En concreto, simulouse o accidente dunha aeronave na que viaxaban 36 pasaxeiros e catro tripulantes, que se sae da pista ao aterrar e acaba fóra do recinto, terminando incendiada. O balance é de 28 feridos e 12 falecidos.

Tras coñecer o suceso, o Centro de Control de Operacións acciona a alarma do Servizo de Extinción de Incendios (SEI) do Aeroporto e facilita aos bombeiros a localización e todos os datos que posúe do avión sinistrado. Á súa vez, dá aviso para que se activen os procedementos de emerxencia, chama ao 112 e executa o resto das accións previstas no Plan de Autoprotección.

Á súa chegada ao lugar, os bombeiros do aeroporto aseguran a zona e dispóñense a apagar o incendio declarado, tras o que se constitúe o Posto de Mando Avanzado. Durante estes primeiros minutos van accedendo ao lugar do accidente os medios de axuda exterior alertados polo 112. Bombeiros e servizos sanitarios atenden ás vítimas que se atopan nas proximidades da aeronave sinistrada e rescatan aos feridos. Traspásase o mando da emerxencia ao 112 e actívase o nivel 2 do Platerga.

Constituída a área de socorro e clasificados os feridos para determinar a orde de prioridade no seu tratamento e traslado, os efectivos sanitarios proceden á estabilización e evacuación destes. A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores no simulacro, supervisando o traballo que se levou a cabo desde o centro de coordinación de Aena para o despregamento dos equipos de emerxencia e das forzas de seguridade.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...