InicioSociedadePiden 11 anos de prisión para unha muller acusada de tentar asasinar...

Piden 11 anos de prisión para unha muller acusada de tentar asasinar o seu exmozo en Ponteareas

Colleu o coitelo e cortoulle a caluga "de lado a lado".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra xulga o vindeiro xoves, 28 de setembro, ás 10,15 horas, a unha muller acusada de tentar asasinar o seu exmozo no municipio pontevedrés de Ponteareas, para a que a Fiscalía solicita once anos de prisión.

Segundo recóllese no escrito do Ministerio Fiscal, a procesada mantivo unha relación sentimental coa vítima que finalizou a principios do mes de decembro de 2022. Nese momento, el comunicoulle o seu desexo de concluír a relación e a procesada non aceptou esta decisión, comezando a enviarlle “múltiples audios e mensaxes de texto” a través de WhatsApp para tratar de “mover a súa vontade e lograr que este retomase a relación sentimental con ela”.

Nestas mensaxes, continúa Fiscalía, a procesada díxolle á súa parella que “do amor ao odio hai un paso” e que “se preparase, que o que viría sería moi caro”.

Así, o día 26 de decembro, a acusada presentouse no domicilio da vítima co pretexto de manter unha conversación en persoa sobre a súa situación sentimental. Unha vez na súa vivenda, afirma o escrito de Fiscalía, a procesada preguntoulle se volvería con ela, ao que el contestou cunha negativa.

A continuación, “coa escusa de coller un vaso de auga”, ela acudiu á cociña e colleu un coitelo cunha folla de 10 centímetros que “escondeu cando entrou de novo no salón”, onde se atopaba a vítima vendo a televisión.

Deste xeito, a acusada, “con ánimo de causarlle a morte e aproveitando que el non lle prestaba atención nese momento”, extraeu o coitelo e cortoulle a caluga “de lado a lado”.

Ao sentir o corte, explica o Ministerio Fiscal, a vítima incorporouse e “se volteó cara á procesada”, que “ao non poder continuar cortando o pescozo” comezou a lanzarlle o coitelo “en dirección ao peito coa intención de cravarllo causándolle a morte”.

Por estes feitos, a Fiscalía sinala que procede impor á procesada a pena de dez anos de prisión pola comisión dun delito de asasinato en grao de tentativa e a pena dun ano e cinco meses de cárcere por un delito de acoso.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...