InicioSociedadeA CIG denuncia o desprazamento en taxi dun equipo médico para atender...

A CIG denuncia o desprazamento en taxi dun equipo médico para atender a caída dunha persoa maior en Cangas

A Unión Local da CIG no Morrazo denunciou que a persoa accidentada "tivo que permanecer tendida no chan en estado aparente grave" á espera de recibir asistencia dunha ambulancia que "acudiu desde Vigo 25 minutos despois".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Unión Local da CIG no Morrazo denunciou que a falta de ambulancias do 061 na comarca provocou a necesidade de mobilizar en taxi a un equipo formado por unha médica e unha enfermeira para atender unha situación grave pola caída dunha persoa maior veciña de Cangas.

Así, o sindicato incidiu que ao estar ocupadas todas as ambulancias da comarca con base en Cangas, Moaña e Bueu, a persoa accidentada “tivo que permanecer tendida no chan en estado aparente grave” á espera de recibir asistencia dunha ambulancia que “acudiu desde Vigo 25 minutos despois”.

Desta forma, remarcaron que este feito “provocou unha gran alarma” entre as persoas que estaban nas inmediacións e foron testemuños do sucedido. O 061 mobilizou novamente ao persoal da PAC en taxi, pero como ese recurso “tardaría máis de media hora”, o persoal do Centro Sanitario decidiu solicitar pola súa conta auxilio policial. Ao “carecer dunha ambulancia máis na comarca”, a asistencia de Soporte Vital Avanzado que requiría a vítima, tivo que prestarse novamente coa metade do equipo sanitario previsto e “sen o material” do que dispoñen nos vehículos sanitarios.

A CIG pedirá ao Concello de Cangas a súa intervención solicitando un informe do ocorrido á Policía Local e que posteriormente solicite explicacións ao Sergas sobre o ocorrido, así como o reforzo “de forma inmediata” dunha ambulancia máis con base en Cangas como cabeceira da Comarca do Morrazo.

A XUNTA DI QUE SE TRASLADOU AO PERSOAL NO MEDIO “MÁIS ADECUADO”

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 manifestou que, seguindo os protocolos establecidos polo 061 de Galicia, desprazou ao equipo sanitario no medio de transporte “máis adecuado” como recomendo a Guía de mobilización de recursos do Servizo Galego de Saúde.

Nun comunicado, facilitado este domingo, o Sergas detallou que o médico coordinador especialista en urxencias e emerxencias da Central de Coordinación, realizou a valoración clínica do servizo e decidiu mobilizar ao equipo facultativo e enfermeiro máis próximo ao momento.

Así, a guía establece a mobilización do medio de transporte máis adecuado para o traslado dos equipos sanitarios. No caso de que coincida que os recursos asistenciais de transporte sanitario urxente estean en dando outros servizos, recomenda a mobilización en vehículos que poderán “ser non sanitarios” e que “permitan axilizar a asistencia do paciente” no menor tempo posible. O servizo, lembrou o Executivo autonómico, estivo coordinado en todo momento desde a central do 061 que, á vez que o médico e o enfermeiro asistían ao paciente, mobilizou unha ambulancia na que trasladaron ao paciente a Povisa.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...