InicioSociedadeO PP insta ao goberno local a "axilizar ao máximo" a resolución...

O PP insta ao goberno local a “axilizar ao máximo” a resolución das bolsas de comedor

A Xunta acusa a Caballero de "enganar" aos vigueses sobre o financiamento de escolas infantís: "É inadmisible".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo instou ao goberno local a “axilizar ao máximo” a resolución das bolsas de comedor, tras constatar que o procedemento aínda non concluíu, a pesar de que acaba de comezar o curso.

O concelleiro popular Miguel Martín sinalou que a tramitación destas axudas púxose en marcha o pasado xuño e, tres meses despois, non se pechou. Esta situación, incidiu, “non é nova”, xa que en 2022 este procedemento “alongouse ata decembro”, a pesar de que o goberno local “negaba que se estivesen producindo atrasos na resolución das axudas”.

“É lamentable comprobar como, mentres as familias xa teñen todo preparado para a volta ao cole dos seus fillos, o goberno municipal non fixese os seus deberes”, sinalou Martín, afeando que Benestar Social non aprendese ” nada do ano pasado”.

O PP esixiu axilizar este procedemento e “acabar coa incerteza” de moitas familias xa que, aínda que o pago das bolsas sexa retroactivo, xérase “unha situación comprometida” para os vigueses afectados, que non saben se percibirán a axuda e “non se atreven” a mandar aos seus fillos aos servizos de comedor escolar.

Finalmente, Miguel Martín apuntou que se o retraso débese á falta de persoal, o Concello debe reforzar o persoal de Benestar Social para liquidar “en tempo e forma” a convocatoria.

FINANCIAMENTO DE ESCOLAS INFANTÍS

Por outra banda, a Xunta de Galicia saíu ao paso dunhas declaracións realizadas nunha emisora local polo alcalde, Abel Caballero, sobre o financiamento das escolas infantís. “É inaceptable e inadmisible que o alcalde engane e menta aos vigueses. É falso que a Xunta non achegue diñeiro ás gardarías da cidade e que o Concello financia parte das gardarías da Xunta“, subliñou a delegada territorial do goberno galego, Ana Ortiz.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, Ana Ortiz matizou que, na última convocatoria de axudas, a Xunta concedeu 524.000 euros ao Concello para a gratuidade das escolas infantís, “e a cantidade podería ser 5 veces maior, de non ser pola teimosía do alcalde por xudicializar” o financiamento destes servizos.

“Por suposto, imos financiar as máis de 3.400 prazas de Educación Infantil de 0 a 3 anos na cidade“, abundou, antes de lembrar que a Xunta acaba de abrir unha nova escola infantil, a da Cidade da Xustiza, con 41 prazas (con preferencia para fillos de funcionarios).

ÚLTIMAS

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...

Investigan o crime dun home apuñalado na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como suposta autora do homicidio dun home na antiga estación de...

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...