InicioSociedadeA UVigo consegue algo máis dun millón de euros do Mitma para...

A UVigo consegue algo máis dun millón de euros do Mitma para formación en dixitalización e sustentabilidade do transporte

Daranse seis cursos con temas como a dixitalización loxística, a innovación no modelo de negocio da nova mobilidade, infraestruturas de datos aplicadas ao sector do transporte, dixitalización do sector do transporte e loxística, ou comunicación dixital para a mobilidade. En total, ofertaranse 503 prazas en 12 edicións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Universidade de Vigo é un dos 16 centros universitarios de España que se beneficia das axudas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), con cargo a fondos europeos, para impartir formación en materia de dixitalización e sustentabilidade no ámbito do transporte e a mobilidade, cunha dotación de algo máis dun millón de euros.

No marco desta iniciativa, as universidades impartirán 61 cursos diferentes, cun total de 219 edicións, nos que se poderán matricular ata 7.251 persoas. O obxectivo inicial da convocatoria é formar a case 4.000 alumnos antes do 30 de xuño de 2025. A resolución das axudas, que acaba de ser publicada, asigna á institución académica viguesa 1.081.050 euros, e as accións formativas destínanse á adquisición e mellora de competencias profesionais.

Nese marco, daranse seis cursos con temas como a dixitalización loxística, a innovación no modelo de negocio da nova mobilidade, infraestruturas de datos aplicadas ao sector do transporte, dixitalización do sector do transporte e loxística, ou comunicación dixital para a mobilidade. En total, ofertaranse 503 prazas en 12 edicións.

Na web do Mitma está a listaxe de cursos, cuxo comezo está previsto para o último trimestre do ano, para que os interesados poidan inscribirse. As 16 universidades beneficiarias das axudas deberán outorgar diploma ou título propio a cada alumno que finalice con éxito as formacións. A convocatoria forma parte do programa de subvencións para cursos de formación para a capacitación dixital sustentabilidade no ámbito do transporte e a mobilidade, incluído e o Plan de Recuperación, Tranformación e Resiliencia.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...