InicioSociedadeA CIG denuncia que a "falta total de persoal facultativo" no centro...

A CIG denuncia que a “falta total de persoal facultativo” no centro de saúde de Cangas este venres pola tarde

A falta de persoal provoca que as dúas médicas da PAC teñen que asumir este venres a atención de todas as citas da tarde que non poden ser aprazadas, as urxencias e emerxencias dos veciños de Cangas e de Moaña, ademais da poboación visitante que se atopa na comarca coincidindo coas festas do Cristo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

CIG volveu a denunciar este venres a falta de persoal médico en Cangas e sinalou que, á ausencia dunha das tres médicas da PAC, súmase “a falta total de persoal facultativo” no centro de saúde este venres pola tarde. Esta situación supón que “todas as consultas médicas programadas quedan totalmente canceladas”, e que se ten que facer “unha reasignación para cando resulte posible”. Isto, segundo a CIG e na práctica, supón o peche do centro de saúde.

A falta de persoal provoca que as dúas médicas da PAC teñen que asumir este venres a atención de todas as citas da tarde que non poden ser aprazadas, as urxencias e emerxencias dos veciños de Cangas e de Moaña, ademais da poboación visitante que se atopa na comarca coincidindo coas festas do Cristo. Para a CIG, “esta forma de proceder da xerencia da área sanitaria de Vigo representa un auténtico recorte sanitario, posto que, lonxe de ser unha situación eventual, trátase dun feito continuado no que se está amortizando unha praza médica”.

Segundo advertiu o sindicato nacionalista, “estase sobrecargando perigosamente” ao persoal, nun modo de actuar que supón “un castigo en toda regra” por facer pública a “grave situación” da sanidade pública en Cangas, “fronte ás mentiras do Sergas”. Ademais, incidiu, “tamén se está pondo en perigo aos pacientes por atrasos inevitables na asistencia”.

A CIG lembrou que é “habitual” que o equipo médico de Urxencias teña que saír do centro sanitario para atender unha emerxencia, quedando só unha médica na PAC. A pesar da situación, lamentou a central, a postura do Sergas é manter “que a situación está controlada, que a asistencia está plenamente garantida e que se trata de situacións puntuais ou sobrevindas”.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...